Archive for the ‘Éche o que hai’ Category

A simpática cagada de Zara

Miércoles, Septiembre 8th, 2010

O caso é que, como moitos igual sabedes, Zara sacou unha nova web hai pouco que permite a compra a través de Internet nalgúns países. Pero tiveron un simpático despiste, porque cando en Google buscabas “Zara”, o que aparecía era isto:

Vamos, que onde tiñan que poñer a descrición, aparecía que aí tiña que ir unha descrición, jeje

O chistaco de Fraga

Viernes, Agosto 13th, 2010

En fin, que a súa vida tamén é un chiste, así que non nos estrañemos.

Xubi, nova mascota do Xacobeo??

Miércoles, Junio 9th, 2010

De seguro que xa líchedes esta semana que presentaron a Xubi como proposta para ser a mascota do Xacobeo. Eu creo que a estas alturas do Ano Santo é un pouco tarde para andar con estas historias. De todos os xeitos, a min non me convence. Recórdame non a unha cabaza, senón a unha bomba do Mario Bros. E tamén hai quen di que semella unha pera cun gancho.

Que che parece Xubi como mascota do Xacobeo?

View Results

Cargando ... Cargando ...

As reflexións do Moinante: Fraga vs Gayoso

Lunes, Mayo 31st, 2010

E digo eu, La Voz de Galicia, ese xornal independente, altofalante da sociedade galega que tanto pedía que se fose Gayoso, o presidente de Caixanova, porque con 78 anos xa estaba maior o home e se necesitaba sangue fresca na nova caixa, pediron algunha vez a demisión de Fraga por estar vello? Que é máis importante, os destinos dunha caixa que vive dos cartos de todo ou dunha administración como a galega, que controla sanidade, educación, finanzas…? Ai, piden o que lles convén.

Plan Edu&Berta

Miércoles, Mayo 26th, 2010

Así faltan os cartos. Mirade vós o que chegaba a financiar o Goberno co Plan E :D

Visto en La Voz de Galicia

Os abducidos de Compostela falan

Jueves, Mayo 13th, 2010

Ten toda a pinta de ser unha campaña viral da canle local Correo TV. Mesmo hai páxina no facebook da Asociación de Abducidos de Compostela e todo :D

O mellor son as declaracións:

“Stephen Hawking saberá moito de buratos negros, pero de alieníxenas non ten puta idea”.

“Cando ves un alien de dous metros, con forma de lagarto amarelo, acojona. Pero despois son son unhas belísimas persoas”.

“Teño tomado licor de herbas con eles a rachar”.

“A sonda anal ao principio doe, pero unha vez que o repiten e tal non hai problema ningún”.

“Quedamos en Bonaval, todos os domingos, cunha bolsa grande de palomitas, miramos para o ceo e esperamos” .

O carné por puntos en Galicia

Miércoles, Mayo 5th, 2010

É que aquí sómosche así :D

Feijóo, desatado

Miércoles, Marzo 24th, 2010

Feijóo desátase cando ten que dar discursos diante de militantes. Velaquí a mostra, en Boqueixón, onde manda calar, di que quedou para ir tomar unha copa e se compromete para máis adiante a ir de festa ata as 6 da mañá. Pasa do galego ao castelán, e di que se identifica coa xente que está alí, mentre os mozos que o gravan se parten o cu (mesmo piden que fale inglés). Vía Galicia Confidencial

Spiderman é de Carballo

Jueves, Marzo 18th, 2010

E aínda por riba está no paro por culpa dun ERE.

O dinosaurio de Carregal

Miércoles, Marzo 17th, 2010

Leo en La Voz de Galicia que este dinosaurio que vedes na fotografía é un caso da a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia.

Polo visto “invade un espazo público sen licenza municipal na rúa Carregal” de Nigrán. O concello tivo que intevir ante “os informes dos servizos técnicos de inspección de Urbanismo que certificaron que a curiosa escultura que se fixo popular no barrio carece da correspondente licenza municipal”.

E que pasa con todas esas vivendas para as que se deron permisos de construción e que están en situación de ilegalidade? Alguén lles abre un expediente aos técnicos ou aos membros do Concello? Alguén en Nigrán se preocupou pola destrución do litoral? Nada, a cousa é ir contra o bicho este.