Archive for the ‘Manda carallo’ Category

Arde o palco da orquestra Panorama

Miércoles, Septiembre 8th, 2010

Moi despistado andei estes días que ata hoxe non me enterei de que ardera o camión-palco da orquestra Panorama. Polo que puiden ler o incendio igual se debeu a unhas pastilla de freo. O escenario estaba valorado nuns 700.000 euros (si que deben gañar ben, si).

Lito, o cantante e dono da orquestra comentou que “Non será o mesmo, pero temos que continuar”. A festa é a festa, e claro está que a maxia do escenario inflúe, pero o espectáculo dano os artistas.

Adeus a A Nosa Terra escrito

Martes, Agosto 31st, 2010

Outra mala noticia para os medios escritos en galego. Hoxe vin que A Nosa Terra non volverá a pisar os quioscos galegos. Dende este blog do BNG publícase o seguinte:

“A partir deste xoves, 2 de setembro, o semanario “A Nosa Terra” deixará de distribuirse nos quioscos galegos. Con iso, pérdese a cabeceira histórica do nacionalismo galego”.

Correrá a mesma sorte a publicación electrónica?

Manolo, o que fuches e o que es

Martes, Agosto 17th, 2010

Para que despois digan que os artistas o que queren é demostrar o seu talento sobre un escenario. Pois Manoliño, por moito nome que tiveses no seu día, o teu foi vergoñento. Espero que en Cee non che paguen.

Sobre o peche de Vieiros e Chuza!

Jueves, Agosto 5th, 2010

Levo varias semanas desconectado do blog por diferentes circunstancias (non estiven de vacacións se estades a pensar niso), e neste tempo pasaron cousas moi importantes para a rede galega que non tiven tempo de comentar. Xa o comento no título deste post, pero creo que o peche de Vieiros e de Chuza é unha moi mala noticia para o blogomillo e para a sociedade galega en xeral.

Vieiros era un referente da información na nosa lingua, unha iniciativa que levaba anos na rede, que non tiña detrás un soporte en papel e que semellaba sobrevivir contra vento e marea á falta de publicidade e ao apoio institucional (que o tivo cando estivo o BNG na Xunta) ou á presenza dun gran grupo editorial detrás. Unha mágoa que tivese que dicir Ata sempre!

Doutra banda, tamén pechou Chuza!, unha páxina na que os usuarios podían enviar noticias de diferentes blogs e medios de comunicación, pero sobre todo dende unha perspectiva galega. Vamos, era unha plataforma de aquí, así que era lóxico. Iso si, coincido con moita xente no feito de que nos últimos meses só había un punto de vista, o do nacionalista un tanto radical, xa que se votaba negativo aos que igual non pensaban da mesma maneira e así foi perdendo usuarios que, dende o meu punto de vista, lle proporcionaban máis riqueza á web. Unha mágoa, porque na variedade está o gusto.

Non aos cabalos con trancas nos montes galegos

Viernes, Julio 16th, 2010

No noso grupo no flickr hai varias fotos que denuncian o que acontece en moitos montes galegos, como aos cabalos que hai nos montes galegos teñen grandes trancas que poñen en perigo as súas vidas e os relegan a un día a día insufrible. Hai tamén un grupo no facebook contra esta práctica.

Maltrato animal na Serra de Outes - Parque eólico Pedregal - Tremuzo
Maltrato animal na Serra de Outes - Parque eólico Pedregal - Tremuzo
Fotos de Lansbricae

A trancas e barrancas
Foto de fotosderianxo

Importa un cabalo malferido?

Lunes, Junio 21st, 2010

Moi ilustrativo o post de fotosderianxo no que nos indica que o xeito no que as distintas administracións se desentenden dun pequeno cabalo malferido tirado no medio dun camiño. Ao final, o triste final do poldro semellou ser a morte debido ás feridas que padecía a que nin concello nin Xunta de Galicia queren facer nada. Sorprendente en canto que sempre se queren competencias e competencias, pero despois nunca se fai nada.

O Banco Pastor, á rapiña dos clientes de Caixa Galicia

Jueves, Junio 17th, 2010

Mirade que publicidade tan curiosa se pode ver polas rúas da Coruña (e entendo que de moitas outras cidades e localidades galegas):

En grande pode lerse “SE A SITUACIÓN NON CHE ENCAIXA”, e despois, en pequeno, “ÚNETE Á CONTRA NÓMINA TRIPLETE”.

Home, eu moi listo non che son, pero está claro que a quen buscan é aos clientes de Caixa Galicia que non están contentos co tema da fusión. De feito, tampouco hai que ter moitas luces para darse conta de Fernando Ónega se apoia sobre unha caixa verde=Caixanova, que está enriba dunha caixa azul=Caixa Galicia.

Vamos, que ao final o que vai levar a voz cantante na fusión vai se Caixanova. E se a cousa non che “encaixa” ou non che gusta, o mellor é optar polo Banco Pastor. En fin…

Oferta de emprego para a Semana Verde de Silleda

Jueves, Mayo 27th, 2010

De pedra me acabo de quedar ao ver en Infojobs esta oferta de emprego para a “Semana Verde” de Silleda.

O caso é que piden unha azafata para promocionar unha bebida. E faino unha empresa chamada “Climadaptación”, con sede en Ourense segundo consta na oferta. Pero o mellor é que a azafata ten que levar como uniforme “bikiny y pareo de playa”. Vivan las carnes y las mamachicho señores!

As reflexións do Moinante: cando algo escoce

Jueves, Mayo 13th, 2010

Pregunta. Alguén me podería atopar dentro das informacións do xornal La Voz de Galicia algún sitio onde se diga que Gayoso vai ser o primeiro presidente rotatorio da caixa fusionada?

La Voz vaia a saco a por Gayoso

Martes, Mayo 4th, 2010

Creo que non fai falla ser moi avispado para saber que en La Voz de Galicia teñen cruzado a Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova. Tal e así que creo que Gayoso é o culpable do paro en España, da crise mundial e nos seus momentos libres se adica a asustar a nenos inocentes en plan home do saco. Miremos os titulares:

Pero non só iso, senón que tamén sacan unha serie de reportaxes poñendo en dúbida a eficiencia de Caixanova e dando a ver que Caixa Galicia es lo más de lo más do sistema financeiro. Vamos, que Caixanova se tería que sentir agradecida de que pensasen nela para a fusión.

O tema é tan descarado que mesmo o Faro de Vigo di que piden a súa cabeza: “El presidente de Caixanova es objeto desde hace meses de ataques y descalificaciones por parte de La Voz de Galicia, diario coruñés que actúa como portavoz oficioso de los intereses del “lobby”. Pero en los últimos diez días las informaciones del citado diario contra Gayoso han alcanzado tal profusión y visceralidad que han sorprendido hasta en la propia ciudad herculina e indignado a amplios sectores sociales”.

Para Xornal este feito tampouco pasou desapercibido e sinala que “Los ánimos están caldeados entre las fuerzas económicas de Vigo y A Coruña ante un posible escenario de fusión de Caixa Galicia con Caixanova. Las negociaciones entre ambas entidades para explorar un “proyecto común” ya han barajado todas las posibilidades, tanto en los números como en el reparto de poder, pero son las discrepancias en este último punto las que apenas han hecho avanzar el proceso en las últimas reuniones –se celebraron ocho en total, la última el pasado viernes 30 de abril–. Y las diferencias no solo se han dirimido a puerta cerrada entre las cajas, sino que los medios de comunicación también han entrado en escena”.