Archive for the ‘O carrallo 29’ Category

Os incendios

Viernes, Agosto 20th, 2010

A fin de semana pasada xusto estiven polo Barbanza e me coincidiu ver o incendio que tivo lugar en Boiro. Era impresionante ver como a pesar de que había tantos hidroavións traballando na zona, tantos bombeiros e tantos helicópteros, coa forza do vento intentar apagar o lume era imposible. Espero que esta vaga de incendios que se están a producir nesta quincena paren dunha vez e que collan aos culpables e os meten á sombra unha boa tempada.

As reflexións do Moinante: cando algo escoce

Jueves, Mayo 13th, 2010

Pregunta. Alguén me podería atopar dentro das informacións do xornal La Voz de Galicia algún sitio onde se diga que Gayoso vai ser o primeiro presidente rotatorio da caixa fusionada?

Haberá fusión entre as caixas galegas?

Miércoles, Abril 7th, 2010

A verdade é que non o teño nada claro, pero o que si me resulta curioso é que se un visita as oficinas de Caixa Galicia fóra da nosa comunidade verá que semella que a cousa non vai quedar en Galicia :D

Se Hollywood fose galego, as vacas ían estar finas

Lunes, Marzo 1st, 2010

Outro gran vídeo de Navallada TV mesturando unha famosa película de Hollywood cun simpático audio.

As cifras da economía galega

Miércoles, Febrero 24th, 2010

Estes son os datos económicos que lles deberan preocupar aos políticos:

Psicofonías en Galicia

Jueves, Febrero 18th, 2010

Un dos grupos galegos que puxen onte no post foi o de Psicofonías en galego xa! O caso é que xa hai psicofonías na nosa lingua (ata no máis alá falan en galego). Velaquí unha que emitiron no programa de Iker Jiménez, “Cuarto Milenio”, supostamente gravada no cemiterio da localidade luguesa de Xermade:

O mellor de todo é a mensaxe, non ten desperdicio: “Asfaltade a carretera de Cabreiros”.

Actualización: teño que recoñecer que son un inocente porque pensei que realmente este vídeo era real, pero despois do comentario de Miñarrula estiven buscando e, certamente, trátase dunha montaxe a partir deste vídeo:

Así que desculpade e tentarei non caer outra vez nunha destas ;)

20 mentiras sobre a lingua galega

Sábado, Febrero 6th, 2010

Presentación de Prolingua do libro “55 mentiras sobre a lingua galega“, publicado por Laiovento. Velaquí 20 delas:

Reflexión

Sábado, Enero 23rd, 2010

Que pensan do novo decreto todos eses pais que lles tiñan que traducir aos fillos os apuntamentos ao castelán porque en galego non os entendían? As matemáticas en inglés entraranlles ben?

Pódenselle poñer cancelas ao campo?

Jueves, Enero 14th, 2010

Pois a verdade é que si vistos varios exemplos. É que en Galicia nos vai o imposible.

Foto de txorima

foto de xornalcerto

foto de xornalcerto

“Con este decreto do galego non se vai a ningures”

Miércoles, Enero 6th, 2010

Non o digo eu, dío o Presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia, José Manuel Suárez, e dío en castelán (alomenos así o recolle nunha entrevista o xornal Faro de Vigo).

Recollo aquí os mellores momentos:

- “Ahora dile al profesor de matemáticas que debe dar la clase en inglés, porque no aprobó la oposición para esto. Y otro problema, si a los alumnos ya les cuesta aprender las materias en una lengua que conocen, pues imaginemos cómo será aprenderlas con una lengua nueva. No entenderán ni papa. La Xunta está haciendo una cosa muy enrevesada e inadecuada”.

- “Esto es una aberración“.

- “Jesús Vázquez es el conselleiro más conflictivo de todos los responsables de Educación. Generó conflictos con las escuelas de idiomas, con la retirada de especialistas en pedagogía, en FP, con la consulta sobre el uso del gallego, en la universidad por falta de financiación… Crea conflictos en un montón de sitios donde no los había. Este hombre no crea más que problemas”.

- “Esto no tiene ni pies ni cabeza“.

Eu da opinión de que os pedagogos entenden mellor as cousas da educación do que as podo entender eu. Así que se o di, por algo será.