De cando Galicia puido ser portuguesa
Martes, Septiembre 8th, 2009Leo con asombro varias crónicas do xenial Wenceslao Fernández Flórez nas que explica que hai moitos rumores de que Portugal pode entrar a loitar na Guerra Mundial. Estamos en 1915 e os lusos combaterían do lado de Inglaterra: “en premio á súa intervención pola guerra”, sinala o escritor e xornalista, “Portugal habería de quedar con Galicia” (El Noroeste, 09/10/1915).
Son rumores que veñen de antigo, porque un ano antes, noutra crónica Wenceslao sinalaba que no xornal “O Mundo”, de Lisboa, un señor “canta un himno á marcha deses centos de pés de cabalos que Lusitania envía á guerra, e asegura que o premio que Inglaterra vai conceder a Portugal pola súa adhesión é a anexión de Galicia.
- Galicia, di o articulista, é máis portuguesa que española” (El Noroeste, 08/10/1914).
Wenceslao, co seu humor característico, imaxina a situación: “Nas pizarras, noticias emocionantes: ‘Os portugueses chegaron a Carral’. ‘A heroica defensa de Ordes‘ (…) Un día aparece a bandeira verde e vermella nos altos de Elviña. Comezou o bombardeo. A capela de San Andrés é un montón de ruínas. (…) A capitulación ocorre cando o ‘Adamastro’ atraca no peirao de ferro, enfilando as súas ametralladoras ao goberno civil. Carré Aldao e Lugrís Freire, en calidade de hombres que dominan a lingua da que naceu o portugués, parlamentan cos invasores. (… ) Á fin, onde a enseña portuguesa sobre o castelo de San Antón“.
Imaxinades Galicia sendo portuguesa? Curioso verdade? Máis dun reintegracionista de seguro que estaría encantado de que isto fose verdade.





Unha xoia de rapaz. Con 18 anos e o permiso recén sacado do trinque, pois non se lle ocorre outra cousa ao bendito que poñerse a 217 por hora.
O que fai a televisión. Resulta que agora, cando tes un problema, o que queres é que che veña a televisión. Nin policía nin xuíces nin gaitas.