E despois din que non hai discriminación lingüística

Hai veces que un se ten que morder a lingua e pensar dúas veces se escribir ou non e que escribir, porque hai noticias que che deixan mal o corpo. Para que despois digan que non hai discriminación lingüística. Que baixe Deus e o vexa. Pero isto eu teño claro que é por tanto grupo innombrable, tanto Intereconomía, UPyD, Cope e esRadio. Así vai o país e así van os xuíces.

Supoño que xa veriades esa gran noticia, a do xuíz que ameaza á nai con sacarlle a custodio das fillas por traelas a Vigo dende Madrid. E por que? Pois polo galego, porque aquí van ter un problemas da hostia cunha lingua de merda.

Palabras textuais, vaille retirar a custodia porque a “educación que van a recibir es en gallego y esta lengua no es útil”. E reitera o tema do galego: “no se aprecia que tenga ninguna otra utilidad práctica“. E todo isto que pode provocar? Pois que “se estaría corriendo un grave peligro en perjuicio de la formación y desarrollo integral de las menores”.

Sabedes que? Que xa teño o meu candidato favorito para os Premios Antilingua do ano que vén. Espero que gañe!

Tags: , , , , ,

4 Respostas

  1. Toño Randeeira Dí:

    Ao xuíz precisamente ese día esqueceulle tomar a medicación

  2. Darth Dí:

    Aquí temos un xuíz madrileño que todo o que sabe do galego e da situación lingüística de Galicia (e do ensino galego) son os contos de Jloria Lajo, debidamente difundidos en Telemandril, Intereconomerda, a Cope e outros medios de manipulación semellantes. A súa argumentación cheira ó lonxe a “Jalicia Pilingui”.

    Estou ansioso por coñecer o que ten que decir ante esto o autotitulado “máximo defensor do galego”, señor Frijol.

  3. Zaixe Dí:

    Pois eu non vin que ameazasen con quitarlle a custodia a ninguén por levar os fillos a Francia, Suíza ou Inglaterra. E non lle caerá un paquete a este tipo por dicir subnormaladas? Porque a min me parece que o que está dicindo é mesmo anticostitucional:

    Art. 3.3 da Constitución “A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”

    Pois aquí hai moi pouco “respecto”.

  4. BREOGAHN Dí:

    No Barbanza temos algo parecido os teus “Premios Antilingua”:

    http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/12/08/0003_8157279.htm