Loles León non comunga coa cultura galega
Desafortunados resultaron os comentarios da actriz, agora metida a presentadora, Loles León no programa de Telecinco “Tú sí que vales”.
Tras a actuación do grupo de rapazas “Tarambainas”, Loles León dictou o seu veredicto tras asistir a unha pésima imitación das pandereteiras por parte de Ángel Llácer, que con todo deu o seu voto favorable.
Para a actriz, o grupo de mozas pareceulle máis axeitado para romerías e festas. O enfado do público galego non se fixo esperar e ata hai un grupo no Facebook “Boicot a Loles León por ser irrespectuosa coa nosa cultura“, que pide a súa cabeza. Xa son 932 membros.
Tags: cantareiras, Galicia, Loles León, programa, Telecinco
26 Noviembre 2009 o 15:28
Loles León non comunga coa cultura galega nin coas demais culturas tampouco, porque é unha borrega.
4 Diciembre 2009 o 18:06
Eu xa din a miña opinión no tuenti, no que me pasaron esta nova en castelán, pero mostrando a mesma indignación que aquí se mostra. Como dixen por alí, ten collóns que poña esa excusa cando se non me equivoco (e se o fago pido desculpas) a outra edición gañárona uns cantautores flamencos, que que eu saiba son tradicionais andaluces e non teñen moito que ver co resto de España, aínda que nos últimos anos se diga que si porque é un negocio rentable.
Non me gusta o flamenco nin a cultura andaluza, pero respéctoa e recoñezo o seu mérito, e trágoa cando ma poñen a todas horas na TV. Que un grupo de rapazas recuperen a tradición dun xeito tan impresionante vale moito. Ao mellor non merecían pasar, pero esas declaracións sobraban e moitos outros mereceno menos que estas rapazas…
Por certo, xa que mencionei o Tuenti arriba, agora está dispoñible en galego e con tradución e soporte en galego. Un grandísimo avance!!