As verdades coma puños do Presidente da RAG

O outro día, falando de Manolo Rivas, que era novo académico da Real Academia Galega, falamos un pouco por riba do presidente desta institución, Xosé Ramón Barreiro Fernández, un ribeirense nacido en 1935, estudoso, culto, bo profesor e mellor amante do galego.

O caso é que hoxe acabo de ler unha entrevista na revista Eco na que di verdade coma puños. Velaquí unha recompilación das mellores frases:

“A defensa do galego vincúlase hoxe á pertenza ao Bloque. Ese é un dos peores males”.

Sobre a xestión económica da RAG: “A miña intención foi sempre que a RAG (…) entrase nos Orzamentos da Xunta e ir a unha cantidade fixa. Iso non o temos hoxe (…). O anterior Gobierno fixo un intento, pensei que serio, para resolver isto definitivamente, pero un conselleiro de Facenda, un tal Fernández, a última hora non aceptou esta solución”.

“Un dos grandes erros é pensar que o galego só se tramita a través do ensino. A lingua está en todo”.

“O plan de normalización lingüística está aí, morto. Foi aprobado alegremente por todos, pero non foi cumprido nin un só día”.

“É unha maldade dicir que o castelán está en perigo en Galicia, porque o seu dominio é total e absoluto”.

“Hai moitos inimigos do galego, pero os peores son os que desprezan o galego, é dicir, aqueles que din que con este idioma ao pasar Padornelo non tes nada que facer”.

Tags: , , ,

2 Respostas

  1. chuza.org Dí:

    X. M. Barreiro: ‘A defensa do galego vincúlase hoxe á pertenza ao Bloque. Ese é un dos peores males’…

    Escolma de respostas do presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, a unha entrevista na revista Eco (http://www.ecodixital.com/). Falou da xestión económica da RAG, das súas vinculacións políticas, do Plan de Normalización Lingüística…

  2. Jo Dí:

    O Padornelo…
    Se passasse pela ponte da amizade…