Galeguicemos a web de Media Markt

Neste blog non somos de lanzar campañas, pero hoxe queríavos pedir o voso gran de area para unha cousa que me parece de sentido común. O caso é que entrei na web desa tenda de electrodomésticos e de informática de orixe alemá, Media Markt, esa que ten como lema “Yo no soy tonto”. Pois veredes, a min si que se me quedou cara de parvo cando vin que teñen a web en español, en catalán e en éuscaro. Iso si, en galego non.

O caso é que a min me estraña e me sinto discrimanado. Vale que non teñan obriga de facelo, pero por que si en español e nas outras dúas linguas representativas, o catalán e o eúscaro, e non en galego? Acaso é que non temos tantos cartos os galegos e por iso non interesa poñer a web na nosa lingua? É que non existimos?

Sinceramente, pido, cando menos, o mesmo trato no galego ca o resto de linguas que se falan no estado. Sei que seguramente non o fixeron por mal e que dan a oportunidade aos vascos e aos cataláns de se poderen informar na súa lingua dos produtos que esta cadea ofrece. Pero precisamente por iso, porque me dá envexa e creo que eu tamén podería, gustaríame que estivese en galego.

Se pensades o mesmo ca min, por favor, escribide un correo a mediamarkt@mediamarkt.es indicándolles que vos gustaría que a súa web estivese en galego, como tamén o está noutras linguas. A ver se conseguimos facer algo.

Graciñas!

Tags: , , ,

2 Respostas

  1. Chousa da Alcandra Dí:

    Excelente iniciativa. Alá vai a miña protesta tamén.
    A ver se lles inundamos o buzón e se decatan de que o galego tamén existe!

  2. M Dí:

    Estes deberían cambiar o seu lema: no canto de Yo no soy tonto realmente o que queren dicir é Yo no soy tonto, intento hacer tontos a mis clientes.