A copia, da copia, da copia do anuncio de Gadis

Contextualicemos o post, o anuncio de Gadis, “Vivamos como galegos” é un dos máis coñecidos aquí, na terra patria:

O caso é que, curiosamente, hai outro moi semellante, arxentino el, que ata remata con discurso enriba do cabalo e todo:

Pois o caso é que axencia BAP Conde, que é a creadora do anuncio de Gadis, decidiu estirar ata o infinito e máis alá a idea e non só continuar nesa liña as novas campañas de Gadis, senón tamén usala para outros anuncios que fixo, como da cervexa Amstel:

Por certo, no facebook xa hai varios grupos sobre o tema, como por exemplo “El nuevo anuncio de Amstel es 1copia del anuncio d Gadis“, que xa ten máis de 300 membros.

Pero a cousa non acaba aí, xa que unha axencia copiou iso de “Vivamos como galegos” e fixo un anuncio para a cervexa Cruzcampo baixo o lema “Hecha de Andalucía”. Xulgade vós mesmos se hai plaxio, do plaxio do plaxio.

Tags: , , , , , ,

3 Respostas

  1. BREOGAHN Dí:

    Hai outro en Youtube, iso si, os que o fixeron din que era un traballo para a universidad e que é unha copia do noso “Vivamos como galegos”: http://www.youtube.com/watch?v=pbEncu9tRyY

    Co teu permiso, cóllocho prestado.
    Un saúdo. ;)

  2. chuza.org Dí:

    Do “Vivamos como galegos” a “Hecha de Andalucía”: dúas nacións irmandadas polo plaxio….

    Divertida análise documental (ou sexa que te podes escarallar cos vídeos) no que se demostra o plaxio do plaxio do plaxio do exitoso comercial de Gadis que fixo mais por subir a nosa autoestima nacional que calquera campaña institucional excluidas, …

  3. Víctor Dí:

    Bóas, o orixinal é o arxentino, o de Gadis está “inspirado” neste.

    Saúdos!