Latri.ca, o twitter galego

Acabo de descubrir a través de La Voz de Galicia unha nova rede social integramente galega, por e para participar en galego. Trátase dunha aplicación moi similar ao “twitter” chamada Latri.ca, que permite incorporar mensaxes de ata 200 caracteres, máis que o propio Twitter.

Esta nova plataforma galega de microblogging desenvolveuna a galega Sinxelo, baixo licenza Creative Commons. De momento conta con 321 usuarios e conta cunha serie de grupos, como acontece con outras redes sociais ao uso.

Pois aí deixámosvos outra rede social, a latricar.

Tags: ,

Deixa un comentario

O teu comentario

Pode usar estes tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Por favor,sexa consciente de: A moderación dos comentarios está activada. Isto pode levar algún tempo. Non é necesario volver a envialo.