Un cura esixe diñeiro aos seus fregueses para arranxar a igrexa
Os veciños da parroquia de Narahío, en San Sadurniño, están a ser “extorsionados” pola igrexa. A saber, o cura desta localidade, José Ladra, solicita case 50.000 euros aos lugareños co fin de rehabilitar a igrexa do século IX.
Para iso puxo en marcha as súas dotes de persuasión e enviou unha carta a cada veciño: “A Direción Xeral de Patrimonio achegou 48.000 euros, o obispado outros 48.000 e agora tócanos á parroquia pagar outros 48.000″. Así de fácil, se fose voluntario claro, porque Ladra elaborará unha lista de morosos para saber os datos das familias e as súas achegas. No caso de que o crea oportuno fará pública esta lista.
Ademais o cura advirte na súa carta aos veciños: “entendemos que aquela familia que non colabore póndose á marxe, renuncia aos servizos da igrexa”
O caso é que os veciños móstranse molestos coas intencións deste cura na súa misiva. Pagar ou non pagar, esa é a cuestión. Así que decidiron denuncialo a través dunha web: denuncia-social.com.

27 Enero 2009 o 19:49
Os curas sonche a nai cos pariu, e digo eu se non poden usala porque non capalos.
Aguriño