Unha coruñesa pon prezo á súa virxindade

A historia que vos contamos seguro que pode ser un argumento que pronto vexamos nun telefilm americano. O caso non é novo, pero ocorreu moi preto. Unha moza coruñesa puxo un anuncio en internet para vender a súa virxindade ao mellor ofertante, o que quixese pagar 10.000 euros.

Uns reporteiros das noticias de Antena 3, como conta hoxe El Correo Gallego, viron o anuncio que a moza colgara en mundoanuncio.com e decidiron lanzar unha oferta, aínda que non chegou a fraguarse. A moza coruñesa xa retirou o anuncio.

Nel, a moza de 30 anos presentábase como unha universitaria que por problemas económicos vendía a súa virxindade. As condicións, ser un mozo entre 25 e 40 anos para mentener relacións “regulares” (excluíndo, entre outras cousas, filmación ou gravación). A oferta mínima 10.000 euros.

Tags: , , ,

Os comentarios están pechados.