Que pode máis?
Que conste que eu son unha persoa crítica coa labor do bipartito nestes anos, sobre todo no que se refire ás formas: dous compartimentos estancos tratando de demostrar o que facía cada partido, e que para unha parte da sociedade significaba dúas Xuntas.
Pero tamén creo que se fixeron moitas cousas ben que non se souberon comunicar (e outras tamén se fixeron mal, por suposto), pero creo que ao final o que quedou en moita xente á hora de votar foi o que percibiu dunha prensa totalmente manipulada.
Así que me pregunto, que puido máis?
- Que a xente vexa como os seus fillos reciben libros gratis para a súa educación, ou que a xente se deixe manipular polos medios de comunicación.
- Que a Administración, para loitar contra a destrución do litoral polo desmedido afán por construír prohiba construír nos primeiros 500 metros de costa ou que se venda como culpa de José Blanco todo o que rodea a “Villa PSOE” (é culpable o que permite facer ou o que compra?).
- Que se intenten establecer condicións para vivendas dignas con normas de hábitat ou que se venda por aí que o despacho e as sillas de Touriño custan un ollo da cara.
- Que por fin se faga un concurso eólico e que os grandes beneficiarios sexan as empresas galegas ou que Quintana vaia no iate de Jacinto Rey e se deixe entrever que o concurso eólico foi amañado.
- Que se fixeran moitas autovías (en concreto máis de 400 quilómetros: a do Salnés, a do Barbanza, Ferrol-Vilalba, Santiago-Brión e se suprimisen peaxes ou que se venda por aí a moto de que o coche de Touriño vale máis que o de Obama e que antes se vendese o da neveira do coche de Quintana que custaba 6.000 euros?
- Que se constrúan garderías-galescolas ou que se diga que se está a impoñer o galego nas aulas?
- Que se estean a estender novas redes de banda ancha por toda Galicia, levando internet ás zonas rurais a través do wifi e do wimax, que se intenten negociar os prezos dos produtores de leite, que se montaran centros de educación e orientación sexual para os máis novos, que se apostara polo software libre… ou que se diga que non se fixo nada?
Eu teño claro que escolleron os electores. Pero espero que nas próximas eleccións se lembren de que:
- Feijóo non vai usar un coche fabricado en Galicia e que vai malvender o Audi para quedar de aforrador para despois mercar un C6 (que xa usa Quintana), por non esquecernos de que usaba xa un Audi A8 cando era conselleiro con Fraga.
- Xente do partido de Feijóo tamén gastaba moito remodelando despachos.
- Durante durante a época de Fraga as concesións para os parques eólicos se daban a dedo.
- Durante a época de Fraga a vivenda do presidente da Xunta non foi precisamente barata.
- Se facían moitas peaxes, vías rápidas e autoestradas que custaban ao condutor un ollo da cara.
Tags: ABC, BNG, COPE, eleccións, Galicia, La Razón, La Voz de Galicia, manipulación, medios, medios de comunicación, PPdeG, PSdeG-PSOE, resultados
6 Marzo 2009 o 0:23
Pois está claro que puido máis. A opinión pública parece ser máis fácil de manipular do que eu pensaba. As noticias constructivas, os Audis do PP e o despacho da Corina non chegaron moi lonxe porque non tiveron eco suficiente nos medios de comunicación, que ao final, foron os que decidiron.
Agharráidevos, que o cuarto poder existe.
6 Marzo 2009 o 9:50
Non temos mais que ver as chorradas que din os entrantes no goberno, como por exemplo que o señor Feijoo vai comprar un Citroen C6 da factoria de vigo, que non vaia por ahi dicindo parvadas que o modelo C6 non se fabrica en Vigo, a non ser que Feijoo logre a produccion do mesmo en Vigo jejejejejeje.
Veña un saudo e que os politicos non falen do que tamen teñen na casa.
6 Marzo 2009 o 17:23
Estou dacordo en moitas cousas. Pero a desilusión coa que moitos esperamos o bipartito converteuse en frustración. Creo que moitos agardabamos un cambio bastante máis fondo do que se produxo nestes anos de mandato PSOE/BNG. Na miña opinión, moitos dos temas dos que falas non se souberon facer ver á cidadanía, e houbo moitas descusións bizantinas. E máis de 40.000 galegos pasaron de todo, o que me parece especialmente representativo.
Un saúdo.
6 Marzo 2009 o 18:08
Falache, a esquerda abstencionista mais umha vez a fazer o jogo da direita. Para quê? Ah, esperavam umha mudança mais funda… pois já a temos.