Feijóo, Premio Antilingua Galega 2009

Logo de tres semanas de votacións xa temos aos gañadores dos Premios Antilingua Galega e Galego de Pro 2009. Vos decidístedes quen ten a honra de recibir este ano o galardón cos votos a través do blog, do correo electrónico e, por primeira vez, a través do noso grupo no Facebook. Buscabamos recoñecer a persoa que máis dano fixo á lingua galega ao longo do ano, e pola contra a quen máis traballou na súa defensa. Aquí tedes o palmarés de esta edición.

Premio Antilingua Galega

Por querer derrogar o decreto do galego no ensino: Alberto Núñez Feijoo.

Alberto Núñez Feijoo xa o tiña claro antes de convertirse en presidente da Xunta de Galicia, no seu programa xa anunciaba a súa intención de derrogar o actual decreto sobre o ensino do galego, que estipula unha educación co 50% das asignaturas en cada idioma oficial. Por iso este ano é o vencedor dos Premios Antilingua Galega.

Premio Galego de Pro

Polo seu uso do galego na Xustiza e polas acusacións ás que se tivo que enfrontar por este tema: a xuíza Ana López-Suevos.

A titular do xulgado do social número 2 de Santiago, a xuíza Ana López-Suevos, por defender o seu dereito a empregar o galego nas súas actuacións xudiciáis é a gañadora desta primeira edición do Premio Galego de Pro 2009. A xuíza tivo que facer fronte á COPE, logo de tramitar en lingua galega a demanda de despido duna traballadora da canle de radio. A emisora pediu entón a nulidade da actuación, “absolutamente sectaria y partidista de la juez” en palabras do avogado da canle, que engadía que a sentenza estaba redactada nunha “lengua tal vez cooficial o algún dialecto”.

Detrás da xuíza López-Suevos situáronse a empresa de telecomunicacións R e o galeguista Avelino Pousa Antelo.

Alta participación

Queremos agadecer a vosa participación nesta nova edición dos premios, que fixo posible sobrepasar os 600 votos. Fixéstedelo posible un ano máis, a través dos comentarios e as suxestións que nos achegastes, especialmente na categoría Galego de Pro que acadou un grande apoio na súa estrea nestes premios 2009.

Tags: , , ,

2 Respostas

  1. chuza.org Dí:

    ‘Galicia Profunda’ Feijóo, Premio Antilingua Galega 2009…

    Logo de tres semanas de votacións xa temos aos gañadores dos Premios Antilingua Galega e Galego de Pro 2009. Vos decidístedes… Buscabamos recoñecer a persoa que máis dano fixo á lingua galega ao longo do ano, e pola contra a quen máis traballo…

  2. actualidade Dí:

    FEijoo merecese ese premio a ver cando da o discurso para agradecer o premio dira algo así como:

    Me enorgullezco moito de recibir este premio agora me sinto mais antigallego que antes.Pero por suposto grazas aos que fixeron posíble que eu gañara este premio e ao enorme esforzo dos que están detrás.Eu nacín en alcobendas …bla …bla …bla