Posts Tagged ‘A Coruña’

Koruño, legado de Hércules

Lunes, Julio 5th, 2010

Atopamos unha interesante páxina no facebook chamada “Koruña, legado de Hércules“, que xa ten máis de 4.000 membros. Pola información que podo ver na páxina, detrás hai está o concello da Coruña, co programa Socialcine e a produtora Mandeo Records. Estes últimos, no seu blog, sinalan que andan a realizar unha práctica final do Taller de Curtametraxes de SocialCine “que estamos impartindo, xunto con Érica Esmorís”, baixo o título de KORUÑO, LEGADO DE HÉRCULES, que “está a batir todas as expectativas”.

Podes ir vendo varios adiantos destas curtas en Youtube. Velaquí algún exemplo:

As cifras da economía galega

Miércoles, Febrero 24th, 2010

Estes son os datos económicos que lles deberan preocupar aos políticos:

Pago os servizos aquí, pero non me atenden aquí

Sábado, Enero 23rd, 2010

Imaxe das instalacións de Sykes. De La Opinión de A Coruña

Non sei a vós que vos parece, pero a min paréceme vergoñento o que están a facer moitas empresas nestes tempos de crise. Veredes, na Coruña hai moitas empresas de telemárqueting que atenden e dan sorporte aos clientes de moitas empresas que prestan os seus servizos por toda España. Máis ben atendían, porque se están desmantelando todas as plataformas que hai na cidade: Teleperformance, Atento, Eurocén e, agora, Sykes.

Esta empresa, Sykes, xestionaba parte das chamadas do 1004 de Telefónica. En total uns 180 empregados da Coruña e de Lugo que agora poden quedar sen traballo porque Telefónica non vai seguir mantendo o servizo en España.

Adiviñades para onde o leva: pois para Perú. Xa tiña plataformas en Chile e na Arxentina e, a pouca xente que quedaba dando servizo en España, pois agora pode ir para o paro.

Como pode, unha empresa que gaña de xaneiro a setembro de 2009 máis de 5.600 millóns de euros botar a rúa deste xeito á xente que atende o seu servizo de información telefónica? Por que, se eu lle pago a unha empresa española, dándolle o meus cartos, ese diñeiro non pode ser reinvestido aquí de novo? Por que gañando tanto queren aforrar custos levando o servizo para Sudamérica, onde é máis barato pagar un soldo? Acaso a Telefónica lle gustaría que non lle pagásemos o servizo e nos fósemos para outra empresa máis barata?

Pois sabedes que vos digo, que cando estea na casa dos meus pais, que teñen Telefónica, hei de solicitar a atención en galego. E se me atende alguén en castelán, síntoo moito, pero eu pago por un servizo que non estou a recibir. Xa me gustaría que os meus cartos contribuísen a xerar emprego nestes tempos de crise, pero as grandes multinacionais só buscan a pasta. Teño que dicir que eu teño R, que ten o servizo aquí, entre outras cousas porque a atención por defecto é en galego. Espero que os galegos que teñen os seus servizos con Vodafone, Telefónica, Jazztel, Orange, Fenosa… demanden a atención na lingua galega, porque saberán así que detrás hai alguén da terra que ten un posto de traballo grazas a ese xesto. E que a súa compañía non levou o servizo a un lugar con máis precariedade só para aforrar uns poucos millóns.

Só espero que estas cousas, co tempo, lle acaben pasando factura a Telefónica. A primeira empresa española, está ben que axude deste xeito á nosa economía, está. Vergoñento!

A España profunda diante de Millán Astray

Sábado, Enero 23rd, 2010

Acabo de ver este vídeo no xornal Público e a verdade é que, de ser certo o que se di, sería moi triste. Seguir vendo como moitos botan de menos os temos do franquismo.

Segundo a información, o minuto 2.55 do vídeo pode verse a un militar levantando o seu brazo dereito a xeito de saúdo fascista mentras di “¡Arriba España!” e contempla como se retira a estatua de Millán Astray, o fundador da lexión, nunha praza coruñesa. A verdade é que eu non sei o que di ou non, pero o saúdo si que semella facelo.

O que me deixa parvo é que segundo a información, Carlos Negreira, voceiro do PP no Concello, non era partidario de retirar a estatua por considerar a Millán Astray un “coruñés de pro”. Eu só sei que cando un vai a Alemana non hai estatuas de Franco nin de Goebbels polas rúas. E Millán Astray foi o xefe de Prensa e Propaganda durante parte do réxime franquista, así que representa un tempo pasado no que reinaba o odio, non había liberdade de expresión e a democracia non existía.

A política de “contra”

Domingo, Septiembre 6th, 2009

Acabo de ler un comunicado de Siareir@s Galeg@s sobre o partido que onte disputaron en Riazor a selección española de fútbol contra Bélxica.

Din que o partido “nom é casual, senom que responde a umha ofensiva do espanholismo em todos os ámbitos e nom so desportivos; ensino, lingua, cultura, meio ambiente… ofensiva a que lhe devemos respotar como povo desde já” e que “carece de interese qualquer pra os siareiros futeboleiros do País, sendo um espectáculo político montado polo fascismo espanhol pra recrear-se diante de caciques, burgueses, bilingües, colonos, sipaios e demais filhos do auto-ódio, os mesmos que apouparom ao fascismo espanhol de novo ao poder no Parlamentinho da CAG”.

A verdade é que me aburren e moito esta clase de discursos. A selección española de fútbol xoga en diferentes estadios de toda España e se precisamente non vai polo País Vasco ou por Cataluña é para evitar cristos. Hai moita xente que ten alerxia só con ver as cores amarela e vermella. Pois mira, que se lle vai facer. Se non che gustan, pois traballa en positivo polas cores branca e azul, pero basta xa de españolistos, de fascistas e de burgueses. Nin que isto fose unha ditadura ou vivisemos no comunismo. En fin.

É o que se chama a política de “contra”: ir contra todo o que non nos guste e non loitar polo que un quere, non dar ideas nin avanzar en positivo. O mesmo van algúns xornais de dereitas, pero ao revés. De todo ten que haber na viña do señor. Vaise contra a selección española, contra todo que teña que ver con España ou Madrid e punto. Alguén se alporizou pola selección belga? Molesta que veña a selección arxentina ou a brasileña? Eu creo que non. E por que hai problemas coa española? Pois porque esperta o odio dalgúns fanáticos que o único que saben facer é bruar.

De seguro que estes tamén prohibirían partidos políticos cos que non están de acordo, coma o PP ou asociacións como Galicia Bilingüe, coa que eu non estou de acordo, pero que ten todo o dereito do mundo a opinar, a manifestarse e a traballar sen que ninguén os insulte nin lles tiren pedras. A iso chámase educación e civismo. Voltaire no seu día dixo: “Non estou de acordo co que dis, pero defenderei coa miña vida o teu dereito a expresalo”.

Se o que se quere é que haxa unha selección galega, pois o lóxico será moverse, falar con adestradores, con xogadores e facer algún torneo, aínda que non sexa oficial. Se o único que se fai é botar unha “rajada” de España e da “opresón feixista”, permitídeme que me vaia ver o que botan nas televisións españolistas que senón me entra o sono. Os que queiran ver a selección española o normal é que o poidan facer, que gocen co partido e se divirtan, que para iso é o fútbol, non para xerar odios nin violencia.

A arma secreta do PP nestas eleccións

Jueves, Junio 4th, 2009

Este domingo son as eleccións europeas. Hai moito que decidir e por iso, o PPdeG sacou á rúa a súa arma secreta: un señor cun par de bandeiras. Vós ride, si, pero aí está. Xa nas anteriores eleccións, nas galegas, estivo durante case dúas semanas, incansable, mañá e tarde nos Cantóns da Coruña. E agora volve de novo: que vas pasear pola mañá, pois aí está; que pasas ás 8 da tarde, pois aí segue.

Xa vos digo que é incansable e que polo menos espero que non lle cobren a cota do carné do PPdeG porque este señor ten o seu mérito. Ademais, sempre está coas dúas bandeiras de plástico en alto, a de Galicia e a do PPdeG co nome de Feijoo. De cando en vez tamén leva unha gorra do PP. Non di nada. Non reparte publicidade. Non solta consignas. Só se limita a estar unhas 8 horas ao día brazo en alto coas súas bandeiras. E a mensaxe calla. Mirade senón o que pasou nas anteriores eleccións galegas, que o PP gañou, por pouco, pero gañou, sobre todo polo voto decisivo da provincia da Coruña. E nestas vai pasar o mesmo. Senón, tempo ao tempo. E o mérito será todo del. E como vai sentar un precedente, nas próximas eleccións atoparémonos con ducias, que digo ducias, con centos de homes coas súas bandeiras brazo en alto para que votemos ao seu respectivo partido.

Déixovos unha foto que lle saquei de estrangis co meu móbil, por iso non ten moi boa calidade.

Deixa a túa mensaxe no autobús

Jueves, Abril 16th, 2009

Imaxínaste poder deixar a mensaxe que ti queiras nun cartel que luza nos buses da túa cidade, pois é posible, pero sentimos dicirche que só virtualmente.

Por mor da polémica batalla de mensaxes nos autobuses urbanos, creouse un sitio onde podes crear o teu propio eslógan que se coloca automaticamente na foto dun autobús. Nos atopamos este: “Probablemente o Celta nunca suba. Deixa de perder o tempo e faite do Deportivo”.

Pois iso faite do Deportivo ou “goza a vida”. Así remataba o lema do anuncio da plataforma busateo.org que puido verse en autobuses dalgunhas cidades, entre elas A Coruña: “Probablemente Deus non existe. Deixa de preocuparte e desfruta a vida”.

Menos sorte tiveron os responsables da revista Retranca, que viron como a empresa Vitrasa retiraba, para evitar a polémica, esta mensaxe: “Probablemente os deuses non existan, pero a cultura galega sí. ¿Por que non falamos das cousas que existen?”.

Cal sería a túa mensaxe?

Chanquete morreu (na Coruña)

Lunes, Enero 26th, 2009

Se algunha ves estivéchedes na Coruña, de seguro que entráchedes pola Avenida de Alfonso Molina. Pois ben, alí hai un barco decorativo para darlle a benvida a todos os que entran na cidade. O caso é que hoxe un coche que debía ir fungado de máis se empotrou alí directamente. Menos mal que alí non vivía Chanquete, porque senón tamén o levaba por diante.

Polo visto, o Opel Astra partiu en dous a embarcación e o condutor, de 25 anos, está hospitalizado en estado grave. Esperemos que ao final non sexa nada. Atopei este vídeo que debeu ser gravado cun móbil no Youtube:

Colgaron outro novo vídeo:

A policía mata a un becerro solto polas rúas da Coruña

Jueves, Diciembre 18th, 2008

Ver para crer. Iso é o que deberon pensar os veciños do barrio coruñés dos Mallos ao ver paseando pola rúa ás súas anchas a un becerro duns 300 quilos.

Ao parecer o animal escapouse do matadoiro da Grela e decidiu darse un paseo polo centro da cidade, iso si, non sen antes provocar feridas polo menos a dúas persoas.

Varios axentes de policía trataron en balde de interceptalo, claro que o adestramento que reciben non inclúe clases de encerros de vaquillas ou similares.

Solución última, reducilo a tiros, como recolle a imaxe de La Voz de Galicia. A escapada a este becerro custoulle cara.

Tamén vos colgamos o vídeo:

A modernidade acaba co último muiñeiro da Coruña

Martes, Noviembre 11th, 2008

Parece mentira, si, pero na cidade da Coruña, en concreto en Elviña, hai un muiñeiro que resiste contra vento e marea o paso do tempo. Pero o que non vai poder resistir agora é que o expropien. Chámase Perfecto López e con el vai acabar toda unha tradición na cidade herculina.

Aos seus 78 anos, Perfecto leva toda a vida no oficio, no que comezou aos 14 por tradición familiar, tras o que acabou herdando o negocio dos pais. Logo de máis de medio século de profesión, o muiñeiro aínda ten enerxía para levantarse cedo cada día coa ansia do traballo. “Hoxe ás seis xa estaba mercando millo no peirao”, explica Perfecto en declaracións a De luns a venres, quen ás oito da mañá xa está envolto en fariña.

Di que ir para un piso é “horrible, como se me fosen meter nun nicho”. Ademais, a expropiación abócao a unha xubilación forzosa, algo ao que lle ten medo “porque xa din os médicos que cando un vai vello non pode quedar parado, que logo engordas”, explica.

Por certo, que lle sacan a casa, o negocio e todo o terreo que ten en Elviña por só 40 millóns de pesetas 268.500 euros). Que os metan polo cu arriba onde lles caiban, porque esa cantidade é ridícula para unha cidade e para todo o que van construír alí.