Posts Tagged ‘Audi’

Buenafuente vs Feijóo

Miércoles, Junio 3rd, 2009

Interesante entrevista de Buenafuente a Alberto Núñez Feijóo. Entre outras cousas, o presidente da Xunta sinala que Pepe Blanco era compañeiro seu de facultade, pero que non ía moito pola clase seguramente “porque era máis listo ca min”. Iso si, polo visto deixábanlle os apuntamentos e non sempre os devolvía. A partir do minuto 6.44 tamén fala dos Audis :D (a saída de Buenafuente é xenial).

Fejóo continúa recurtando gastos na nova Xunta

Miércoles, Abril 22nd, 2009

Finalmente deixáronse os Audi a un lado e na nova Xunta de Galicia optaron polos modelos de Citröen. Iso si, a marca francesa con factoría en Vigo creou para o novo presidente galego un modelo acorde cos tempos de austeridade: o Citröen 2 Vacas.

Novos modelos de Feijoneta

Miércoles, Marzo 18th, 2009

O novo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vaino ter complicado para decidirse por un dos moitos modelos que os internautas propoñen na Rede. Iso ou ampliar o número de prazas de aparcadoiro da súa residencia oficial. Hoxe traemos novas ideas, aínda que hai moitas máis que podedes atopar no Facebook:

Versión limusina:

Versión tunning:

Versión descapotable:

(more…)

Os excesos do PP

Martes, Marzo 10th, 2009

Bueno, pois parece que os power points se reproducen como esporas. Hainos por todos os lados e non deixan a ninguén ben.

Feijóo pon á venda o Audi de Touriño

Martes, Marzo 3rd, 2009

O novo presidente da Xunta de Galicia quere desfacerse do polémico coche oficial do seu predecesor, Emilio Pérez Touriño. Contáballo así á presentadora do programa Espejo Público de Antena 3: “si usted conoce a alguien que lo quiera comprar, yo desde ahora mismo me someto a cualquier persona que quiera comprar ese coche, porque creo que no lo necesitamos y lo que no se necesita es mejor cambiar y comprar otra cosa”.

O líder dos populares galegos viaxará nun Citroën: “un coche muy digno” para o presidente da Xunta. Así que amantes do coleccionismo ou curiosos en xeral tomen nota: vehículo Audi A8 full-equip valorado en 480.000 euros. Interesados preguntar por Alberto Núñez Feijóo.