A copia, da copia, da copia do anuncio de Gadis
Lunes, Febrero 1st, 2010Contextualicemos o post, o anuncio de Gadis, “Vivamos como galegos” é un dos máis coñecidos aquí, na terra patria:
O caso é que, curiosamente, hai outro moi semellante, arxentino el, que ata remata con discurso enriba do cabalo e todo:
Pois o caso é que axencia BAP Conde, que é a creadora do anuncio de Gadis, decidiu estirar ata o infinito e máis alá a idea e non só continuar nesa liña as novas campañas de Gadis, senón tamén usala para outros anuncios que fixo, como da cervexa Amstel:
Por certo, no facebook xa hai varios grupos sobre o tema, como por exemplo “El nuevo anuncio de Amstel es 1copia del anuncio d Gadis“, que xa ten máis de 300 membros.
Pero a cousa non acaba aí, xa que unha axencia copiou iso de “Vivamos como galegos” e fixo un anuncio para a cervexa Cruzcampo baixo o lema “Hecha de Andalucía”. Xulgade vós mesmos se hai plaxio, do plaxio do plaxio.