Posts Tagged ‘BNG’

Misas en lugar de concertos na Quintana

Martes, Mayo 26th, 2009

O Arcebispado de Santiago quere dedicar a Praza da Quintana para usos puramente relixiosos durante o próximo Ano Santo 2010. Así que no canto de concertos e festivais de música terían que celebrarse exclusivamente misas e outros actos relixiosos.

“Escadalizado” mostrouse o deán da Catedral de Santiago, José María Díaz Fernández, ante a celebración de eventos de lecer nas inmediacións da Porta Santa: “Ata retretes portátiles se colocan pegados aos muros”.

A Quintana, espazo elixido habitualmente para os concertos do Xacobeo, debería servir, segundo o Arcebispado, para evitar as masificacións na catedral.

As críticas da Igrexa van tamén dirixidas contra o BNG, a quen pide que conmemore o Día da Patria Galega noutro lugar que non sexa a Praza da Quintana. Gillerme Vázquez, portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, asegura que este ano “con mais forza se cabe” reuniranse alí porque “é un espazo público que pertence a todos e a todas, que pertence ao pobo, e que non pode ser privatizado por nengunha confesión relixiosa”.

Se Manquiña o fai, a alcaldesa non vai ser menos

Jueves, Mayo 7th, 2009

Nunca me deixarán de sorprender os nosos políticos.Y a los hechos me repito. O caso é que, como recolle La Voz de Galicia, á alcaldesa do concello ourensá de A Bola, non se lle ocurriu outra cousa mellor que citar a Manquiña.

Se xa o digo eu, hoxe en día nin filósofos, nin catedráticos, nin escritores nin historias. Os nosos referentes cultarais son os personaxes que cada día se coan nas nosas casas pola pequena e a gran pantalla: os Manquiña, Belén Esteban, Ana Rosa e demais. Para que citar a un filósofo, se nin o Tato sabe quen é Blaise Pascal?

O caso é que a citada alcaldesa, Teresa Barge (BNG) asina unha resolución que aparece no Boletín Oficial de Ourense onde se recolle esta frase: “el concepto es el concepto (Manquiña dixit)”.

Que conste que a cousa vén ao caso pola denuncia que un veciño puxo a outro por construír un muro sen licenza. O caso é que a historia se embarullou de máis con recursos e máis escritos nos que as dúas partes trataban de definir que era un muro, que era unha reforma… Vamos, ganas de dar a chapa. Así que a alcaldesa, cansa de tanta historia, de denuncias cruzadas e de informes, colleu o dicionario e tratou de definir conceptos. Aí é nada. Ata lingüísticas debían ser os políticos.

Reunión de mafiosos ou de dandys?

Lunes, Marzo 16th, 2009

Como xa todo o mundo sabe, Quintana presentou a súa dimisión esta fin de semana. Pero uns días antes, Beiras xa se ocupara de ir botando unha serie de petardos á liña de flotación do BNG para que todo quisque dimitira e asumira responsabilidades.

O caso é que o que máis me sorprendeu dese Encontro Irmandiño no que unha serie de personalidades do BNG solicitara a dimisión de Quintana foi o aspecto dos seus membros. Xosé Manuel Beiras xa sabemos que é un tipo elegante, porque iso de estudar na Sorbona e en Londres dálle a un caché (algún día vos falarei das clases que me deu en primeiro ano de carreira: tres horas consecutivas de Estrutura Económica Actual). Pero o caso é que vexo que hai xente que segue os seus pasos, como é o caso do alcalde de Teo, Martiño Noriega.

Para que despois digan que os do Bloque son un melenudos que nunca se lavan, que se deixan as barbas longas e andan malvestidos de todo. Iso si, porque sabemos que é unha reunión entre político do BNG, porque se me amosan esta foto sen contextualizar, calquera diría que é unha reunión de mafiosos dos anos 60 (con tanto chapeus e tanta gabardinas longa…).

Que pode máis?

Jueves, Marzo 5th, 2009

Que conste que eu son unha persoa crítica coa labor do bipartito nestes anos, sobre todo no que se refire ás formas: dous compartimentos estancos tratando de demostrar o que facía cada partido, e que para unha parte da sociedade significaba dúas Xuntas.

Pero tamén creo que se fixeron moitas cousas ben que non se souberon comunicar (e outras tamén se fixeron mal, por suposto), pero creo que ao final o que quedou en moita xente á hora de votar foi o que percibiu dunha prensa totalmente manipulada.

Así que me pregunto, que puido máis?

(more…)

De verdade vas quedar este domingo na casa?

Viernes, Febrero 27th, 2009

Acabo de velo en Chuza!, así que o copio aquí por se estades indecisos ;)

Que lle ten preparado La Voz ao BNG?

Miércoles, Febrero 25th, 2009

Bueno, bueno, bueno. A campaña electoral está quente como unha sardiña no San Xoan. Se a semana pasada tiven o correo inzado de power points sobre “Villa PSOE“, esta semana tócalle a “Quintana y sus lujos“, onde se ve ao líder do Bloque nun iate con Jacinto Rey (nunha foto do 2005, segundo me contan).

Se a todo isto lle sumamos o accidente inventado de hoxe, o secuestro de vellos ficticio en Oia e vinte historias máis que saen cada día, pois debemos de preparanos para o resto durante o que queda de semana.

Así, se dice, se cuenta, se rumorea que ese gran medio de comunicación amiguísimo de Quintana, si, si, estou a falar de La Voz de Galicia, pois que vai dar o do de peito o venres ou o sábado (ou se cadra o domingo, o mesmo día das votacións) para botarlle máis lume ao asunto. Polo visto, vai sacar un tema gordo relacionado con Vicepresidencia e os centros de menores que ten ao cargo. Será certo, será mentira?

Dende logo, como se confirme o asunto, para min o xornalismo e esta clase de medios danme repugnancia, porque se ve que buscan descaradamente facerlle mal a un partido. Se teñen algo que o saquen xa e que non garden as exclusivas, nin as fotos, nin os trapos manchados para tres anos máis adiante ou o último día da campaña, cando hai xornada e reflexión e non se pode falar.

Agora só queda agardar.

Dancing Quin

Viernes, Enero 30th, 2009

Falando de Quintana, velaquí un gran vídeo. Xa o di a señora do principio: “Anda Quintana por aquí adiante, verdá? Que bonito!”

A imaxe dos políticos: Anxo Quintana (BNG)

Jueves, Enero 29th, 2009

Señores, estamos xa en plena campaña electoral, así que me gustaría profundizar un pouco na imaxe dos nosos políticos galegos, na daqueles que aspiran a entrar a gobernar na Xunta de Galicia. Pero de maneira moi lixeira, que non son ningún analista nin experto en imaxe. Vouvos falar en primeiro lugar de Anxo Quintana.

É de resaltar que, ademais de ter un blog (que está sen actualizar curiosamente dende o 12 de decembro e sen comentario ningún, aínda que de seguro que non tardan en poñerlle algo novo a partir de agora todos os días), pois que tamén lanzase un videoblog no que responde aos internautas. Un videoblog moi ben feito, todo sexa dito, que si que está ao día (igual é a novidade).

O caso é que agora sacaron un spot publicitario onde, ao igual que Espartaco, Quintana se erixe na figura dun político que non se acobarda ante ninguén e que pretende defender o pobo ante o poder de fóra e o pobo se identifica con el.

Bueno, particularmente non me gusta e paréceme un tanto excesivo. Pero tamén é certo que se busca chamar a atención e distinguirse das campañas doutros políticos.

Pero se buscamos por aí, noutras campañas, a imaxe que quería dar Quintana, vemos que a cousa cambia. Noutras ocasións quería ser unha persoa máis próxima, amosar unha imaxe relaxada e que ofrecese confianza. E isto sácoo das fotos que ten precisamente no seu blog, onde o podemos ver de cativo:

Non sei que opinades vós, pero eu véxoo cuspidiño a como é agora. Iso si, con barba e algo máis e entradas.

Total, que estas historia a verdade é que mola velas porque aínda te ris un cacho e podes ver o antes e o despois.

Pero bueno, que no blog aínda hai outros dous grandes momentos que podemos ver no blog, ademais de velo de futbolista xa con pelo na cara, en plan Che, é ese momento adolescente con pantalóns acampanados.

Como diría o Boris Izaguirre, “Páralo Paul!!”. Esa mirada de lado, ese pelo perfectamente atusado, esa pose de conquistador…

Por certo, que no blog indica de futbolista lle gustaba ser “dianteiro centro. Para que vexades que non estou facendo un exercicio barato de exhibicionismo, saberedes que sendo xa concelleiro de Allariz o entrenador do Elche quixo ficharme para que comezara carreira no fútbol profisional. Posibilidade que descartei porque xa tiña a política no meu punto de mira, era a miña prioridade”. Impresionante, e pensar que o poderiamos ter agora de seleccionador galego en lugar de Vicepresidente.

Pero agora quero pararme nas fotos máis actuais, nas que están feitas por un fotógrafo profesional, coa responsable de prensa e a de protocolo detrás, as que tiveron que ter o visto bo de todo o partido reunido en comité, da UPG en asemblea extraordinaria e de Beiras.

O certo é a min polo menos me impresionan. De seguro que lle custaron unha pasta, pero a min Quintana non me deixa de parecer outra cousa que un mozo que está a ser fotografado no día da súa voda. Aquí o momento, estou poñendo a gravata:

Aquí o momento pose romántica, pero sen a muller ao lado:

E a miña favorita, unha que xa veremos noutros políticos: a foto “poño a man debaixo do queixo” porque son máis interesante:

E con isto dou por rematado a miña superficial análise da particular imaxe que intenta transmitir Quintana. Outro día seguirei con outro candidato.

Os políticos, dando exemplo

Miércoles, Diciembre 24th, 2008

Os políticos son os que teñen que dar imaxe de boas formas, os que teñen que buscar o acordo, convertir o diálogo e o debate en ideas, intentar respectar aos que non opinan igual… E todo iso que se di sempre. Pero cando chega o momento, o que máis e o que menos “quéntase” a máis non poder e adeus ás boas formas e ao colegueo. Por moito que se goberne en coalición. Mirade senón este acolorado debate no Correo TV no que participan os deputados do Parlamento galego Susana López Abella (PPdeG), José Manuel Lage (PSdeG-PSOE) e Carlos Aymerich (BNG).

A ver se nestas datas, se lles enfrían as ideas e cun par de copas acaban todos abrazando e cantando a rianxeira :D