Posts Tagged ‘canción’

Adeus, Feijoo

Lunes, Agosto 23rd, 2010

Velaquí vos deixo unha estraña e psicodélica canción sobre Feijoo escrita (supoño) e interpratada por Emilio José. Un artista deses que se poden definir como conceptuais. A min, dende logo, non me deixou indiferente. Xa digo que vos preparedes para esta cousa, por así chamala:

Berrogüetto distribúe o seu novo single gratis en R

Jueves, Diciembre 3rd, 2009

Debe ser ben certo iso de que hoxe a radio non é coma antes. Hai que buscar novas formas de promoción dos discos para que a música dun soe e chegue á xente.

Así que pensando nisto, os de Berrogüetto decidiron ofrecer o seu novo single, “Danza de Meirol“, de balde a través da rede.

Pero non o fixeron en calquera lado, senón a través do operador galego R. Vamos, que xa postos a distribuír unha canción pola rede galega, quen mellor que o provedor de internet da comunidade.

Se entramos na súa web podemos escoitar os 30 primeiros segundos da canción, descagar os 4 minutos e pico do tema en versión de calidade ou mesmo nunha non tan pesado, para poñer no móbil ou no MP3.

E o mellor de todo é que nos animan a que compartamos a ligazón con todos os coñecidos para que máis xente descarga a canción do que será o novo disco de Berrogüetto, Kosmogonías, que sairá no 2010.

O Camiño das Estrelas

Domingo, Octubre 25th, 2009

Quería agradecerlle a José Manuel que no taboleiro do facebook de Galicia Profunda nos deixara este vídeo do documental “El Camino de las Estrellas”. A canción, de Gustavo Almedia está bastante ben:

En Youtube tamén se pode ver a primeira parte do documental:

Vieiros xa escolleu o “A apolo ghit” do verán

Lunes, Agosto 31st, 2009

Vieiros, en colaboración coa CRTVG, ven de celebrar unha nova edición do concurso A apolo ghit, que busca a canción galega do verán. As deliberacións xa chegaron é o gañador resultou ser o tema “O Fillo do Mar” de A Banda Balbina.

Podes escoitar o tema na páxina de A polo ghit 2009.

O conflito do metal de Vigo ten himno

Viernes, Julio 3rd, 2009

A través de La Voz entérome de que o grupo Xtraperlo, formado por dous rapaces de Moaña ten un tema titulado “O metal” que se está facendo famoso co conflito que hai estes días entre os traballadores e o sector do metal en Vigo.

“….y todo gracias a Feijóo, oh, oh”

Lunes, Marzo 16th, 2009

Acabo de quedar parbo con este vídeo que vin no blog de Marcus, no que dende un faladoiro de Correo TV se lle canta unha canción a Feijóo. Os autores desta interpretación (chamémola así), son Miguel Cancio (profesor de Socioloxía da USC), José Luis Marí Solera (profesor de Xerontoloxía da USC) e Luís Rial (xornalista radiofónico).

O reggaeton de Quin

Lunes, Febrero 9th, 2009

De pedra acabo de quedar ao enterarme de que Anxo Quintana ten un reggaeton. Si mamasita! E que gran letra: “Como lle din? Quin. Como se chama? Quintana”. E se os escoitas quédache o ritmiño no corpo :D