Posts Tagged ‘crise’

Pontevedra mófase da crise no entroido

Lunes, Febrero 16th, 2009

Esta fin de semana empezou oficialmente a campaña electoral. E para non saturarnos con tanto acto político-festivo ímonos a outras festas máis lúdicas, porque o entroido está xa aquí. O tema do ano, como non, é a crise, así que en Pontevedra decidiron mofarse da situación económica e decidiron tirar os billetes polas rúas.

E é que o programa de festas do Entroido pontevedrés ten forma de billete de dollar: “Os billetes circularán pola rúa para que sexan cambiados polo desfrute e a troula”, di a concelleira de Festas, Anxos Riveiro.

O ilustrador Kiko da Silva encargoouse do deseño do cartel, que en forma de billete de dollar leva impreso a cara de Ravachol a modo de “presidente”, dándolle á vez nome á moeda que máis vai circular os próximos días pola cidade: o “ravacholar”.

Un galego gaña o concurso “Come con Rajoy”

Miércoles, Enero 7th, 2009

Un pontevedrés acaba de gañar unha comida con Mariano Rajoy tras converterse no vencedor do concurso “Come con Rajoy”. O seu nome é Andión López, e seguro que é a envexa de moitos simpatizantes do Partido Popular, pero el foi escollido. O seu vídeo A voz da rúa valeulle o premio, unha cita para comer co presidente dos populares na sede madrileña do partido.

E vídeo foi gravado o pasado mes de outubro no mercado de abastos de Pontevedra, alí micrófono en man dedicouse a preguntar aos cidadáns a súa visión da crise, logo de ofrecer o seu punto de vista. O resultado é este. Ben, o certo é que suprimiron o vídeo en Youtube por infracción nos termos de uso, así que vos deixamos unha imaxe do gañador publicada por La Opinión de A Coruña.

Cea de Nadal para tempos de crise

Lunes, Diciembre 22nd, 2008

En Galicia sempre fomos de bo comer. Pero resulta que agora andamos en crise e os cartos están contados. Pero sendo como son estas festas especiais, dende aquí propoñémosvos un menú con marisco (como non podía ser doutro xeito), pero económico.

De primeiro bogavante:

De segundo nécoras:

E xa, para rematar, vieiras:

Ala, bo proveito e boas festas a todos :D

O Concello de Santiago non terá cea de Nadal

Martes, Diciembre 16th, 2008

Non están para festa no Concello de Santiago. Por non ter, non teñen nin cea de Nadal, como recolle esta mañá La Voz de Galicia. A crise está a amolar a moitos pero sen dúbida é unha boa escusa para outros, mais aínda en temas tan delicados como as ceas de empresa.

Para mostra as declaracións dun membro do goberno local que recolle o diario: “O ambiente non está para nada diso. Con ese estilo de trifulca permanente e de crispación a verdade é que non hai ganas de ceas, porque ademáis aquí xoga moito a humanidade”.

Máis ocurrente foi a proposta da oposición, en boca do seu líder Conde Roa: “Propoño que se faga un rallie París - Dakar con cañas no que participe toda a corporación. Pero pagando a escote”.

Estamos xa en precampaña

Sábado, Noviembre 1st, 2008

Sorprendido quedei estes días cando atopei un valo publicitario no que se podía ler: “Grazas por nada e adeus ao bipartito”.

Valado publicitario

Agora, acabo de ver outro que reza: “Bipartito. Crise. Paro. Despilfarro”.

O certo é que non ten o logotipo de quen o paga, pero non hai que ser moi listos para saber que detrás está o PPdeG. Comeza así, de xeito visible nas rúas, a precampaña. E aínda que no Parlamento e nos medios de comunicación todos os días para a oposición sexa unha oportunidade para tirar abaixo ao goberno, agora é cando teñen que comezar a espabilar.

Por certo, que iso de “Grazas por nada e adeus ao bipartito” saiu de Feijoo. Buscando por aí, atopei que o dixo nunha comparecencia na cámara galega, onde intentou desacreditar a labor do bipartito. No xornal mesmo comparan a frase con aquela famosa de Aznar de “Váyase señor González”.

Rematando xa por hoxe, digo que iso de criticar está moi ben, sobre todo cando está próximo o día para ir votar. Pero eu boto de menos un pouco máis de ideas, de propostas, de unidade e de ganas por facer de Galicia un sitio mellor. E dígoo tanto polo PPdeG como por outros que están ou estiveron na oposición. A min esta clase de campañas lémbrame demasiado á que fixo o PP a nivel nacional contra o PSOE dicindo que eran amigos da ETA, que España se rompía e que a economía española ía caer en picado. Ao final seguen na opisición…

Receita de polvo ao pobre

Sábado, Noviembre 1st, 2008

Con este da crise, igual para a próxima temos que pasar de longo dos postos de polvo e de churrasco das feiras. Pero se botamos moito de menos iso de ter un cefalópodo enriba do prato, recoméndovos esta receita que é moi barata ;). Iso si, tan boa non está

Galicia, coma sempre, a que máis sofre nas crises

Viernes, Agosto 1st, 2008

Historicamente, Galicia sempre foi unha rexión mal estruturada no económico e no social. A nosa estrutura económica, moi centrada na man de obra non remunerada, na emigración e na agricultura de subsistencia lastrounos durante décadas. E aínda continúa a cousa.

Por iso sufrimos tanto nas crises: porque estamos mal e pasamos a estar aínda peor. Retrocedemos en canto conseguimos unha migalla.

É o caso do que leo hoxe en Vieiros, onde se publica que “se triplican as empresas galegas en creba e suspensión de pagos no segundo trimestre“. E a cousa ten pinta de ir a peor.

Co que nos custa crear empresas e emprego e agora pasa isto. Xa estou vendo que dentro de nada a taxa de desemprego chega ao 14%. Tempo ao tempo porque aínda quedan moitos meses duros. De momento creo que da crise só se ve a sombra.

En canto ás empresas afectadas, por sectores, o 28,7% das concursadas tiñan como actividade principal a construción, o 22,8 % a industria ou enerxía e o 17,5% o comercio.