Posts Tagged ‘entrevista’

“Con este decreto do galego non se vai a ningures”

Miércoles, Enero 6th, 2010

Non o digo eu, dío o Presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia, José Manuel Suárez, e dío en castelán (alomenos así o recolle nunha entrevista o xornal Faro de Vigo).

Recollo aquí os mellores momentos:

- “Ahora dile al profesor de matemáticas que debe dar la clase en inglés, porque no aprobó la oposición para esto. Y otro problema, si a los alumnos ya les cuesta aprender las materias en una lengua que conocen, pues imaginemos cómo será aprenderlas con una lengua nueva. No entenderán ni papa. La Xunta está haciendo una cosa muy enrevesada e inadecuada”.

- “Esto es una aberración“.

- “Jesús Vázquez es el conselleiro más conflictivo de todos los responsables de Educación. Generó conflictos con las escuelas de idiomas, con la retirada de especialistas en pedagogía, en FP, con la consulta sobre el uso del gallego, en la universidad por falta de financiación… Crea conflictos en un montón de sitios donde no los había. Este hombre no crea más que problemas”.

- “Esto no tiene ni pies ni cabeza“.

Eu da opinión de que os pedagogos entenden mellor as cousas da educación do que as podo entender eu. Así que se o di, por algo será.

As verdades coma puños do Presidente da RAG

Jueves, Diciembre 17th, 2009

O outro día, falando de Manolo Rivas, que era novo académico da Real Academia Galega, falamos un pouco por riba do presidente desta institución, Xosé Ramón Barreiro Fernández, un ribeirense nacido en 1935, estudoso, culto, bo profesor e mellor amante do galego.

O caso é que hoxe acabo de ler unha entrevista na revista Eco na que di verdade coma puños. Velaquí unha recompilación das mellores frases:

“A defensa do galego vincúlase hoxe á pertenza ao Bloque. Ese é un dos peores males”.

Sobre a xestión económica da RAG: “A miña intención foi sempre que a RAG (…) entrase nos Orzamentos da Xunta e ir a unha cantidade fixa. Iso non o temos hoxe (…). O anterior Gobierno fixo un intento, pensei que serio, para resolver isto definitivamente, pero un conselleiro de Facenda, un tal Fernández, a última hora non aceptou esta solución”.

“Un dos grandes erros é pensar que o galego só se tramita a través do ensino. A lingua está en todo”.

“O plan de normalización lingüística está aí, morto. Foi aprobado alegremente por todos, pero non foi cumprido nin un só día”.

“É unha maldade dicir que o castelán está en perigo en Galicia, porque o seu dominio é total e absoluto”.

“Hai moitos inimigos do galego, pero os peores son os que desprezan o galego, é dicir, aqueles que din que con este idioma ao pasar Padornelo non tes nada que facer”.

Terceiro grao a Carlos Callón

Miércoles, Octubre 21st, 2009

De seguro que todo o mundo a viu xa, pero creo que é un documento interesante de máis como para deixar de darlle un pequeno espazo aquí. Carlos Callón, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, non é que sexa precisamente prato do meu gusto por como fai moitas cousas e por como se procede directamente dende a Mesa. Pero iso non quita que alucine vendo como o tratan nesta entrevista na TVG. Claramente tendenciosa e a saco contra el e contra os seus postulados. Ver para crer.

Cultura podería subvencionar cine e literaura en castelán

Domingo, Julio 5th, 2009

O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, non se manifesta abertamente como un defensor da cultura galega, senon que a súa forma de enter a xestión cultural pasa máis polo concepto de cultura feita en Galicia. Así se extrae da entrevista concedida a Xornal de Galicia.

“No tengo la intención de cargarme el gallego y ése es un sambenito por el que tengo que protestar. Ahora bien, la cultura gallega no solo es la que está en gallego. También hay cultura gallega hecha en castellano y éste es un país bilingüe oficialmente”.

Respecto da cuestión de se o seu departamento achegará axudas ao cinema e a literatura en castelán, Varela non pon reparos á hora de apoiar traballos que non estean na lingua galega.

“Un bien cultural gallego es evidente que es en gallego, pero también hay que dar la oportunidad a los que trabajan en otro idioma y que sean gallegos. No podemos discriminar a una película realizada en Galicia por gallegos por estar hecha en castellano“.

Biaxo a premisa de modernidade e internacionalización da cultura galega que propón Roberto Varela na entrevista, medidas como estas poderían reducir aínda máis a cota da produción cultural galega.

Buenafuente vs Feijóo

Miércoles, Junio 3rd, 2009

Interesante entrevista de Buenafuente a Alberto Núñez Feijóo. Entre outras cousas, o presidente da Xunta sinala que Pepe Blanco era compañeiro seu de facultade, pero que non ía moito pola clase seguramente “porque era máis listo ca min”. Iso si, polo visto deixábanlle os apuntamentos e non sempre os devolvía. A partir do minuto 6.44 tamén fala dos Audis :D (a saída de Buenafuente é xenial).