A España profunda diante de Millán Astray
Sábado, Enero 23rd, 2010Acabo de ver este vídeo no xornal Público e a verdade é que, de ser certo o que se di, sería moi triste. Seguir vendo como moitos botan de menos os temos do franquismo.
Segundo a información, o minuto 2.55 do vídeo pode verse a un militar levantando o seu brazo dereito a xeito de saúdo fascista mentras di “¡Arriba España!” e contempla como se retira a estatua de Millán Astray, o fundador da lexión, nunha praza coruñesa. A verdade é que eu non sei o que di ou non, pero o saúdo si que semella facelo.
O que me deixa parvo é que segundo a información, Carlos Negreira, voceiro do PP no Concello, non era partidario de retirar a estatua por considerar a Millán Astray un “coruñés de pro”. Eu só sei que cando un vai a Alemana non hai estatuas de Franco nin de Goebbels polas rúas. E Millán Astray foi o xefe de Prensa e Propaganda durante parte do réxime franquista, así que representa un tempo pasado no que reinaba o odio, non había liberdade de expresión e a democracia non existía.