Posts Tagged ‘Feijóo’

Ai, Feijoo, se non sabes, para que te metes

Miércoles, Agosto 25th, 2010

Vamos, que poderiamos adaptar esa canción de No me pises que llevo chanclas. É que non me explico os motivos que levaron a Feijoo a falar das touradas de Galicia e de poñerse a cualificar a Picasso como catalán, como nos indicaba un lector deste blog a través dun correo (graciñas Víctor).

Ademais, púxose a cuestionar o tema da caza. Aí, aí, gañando amigos e votos entre todos os cazadores galegos. Vamos, que creo que falou de máis e sen ter claro por onde ía saír. Un consello: ante cuestións desas, mellor dicir que non se vai pronunciar.

Adeus, Feijoo

Lunes, Agosto 23rd, 2010

Velaquí vos deixo unha estraña e psicodélica canción sobre Feijoo escrita (supoño) e interpratada por Emilio José. Un artista deses que se poden definir como conceptuais. A min, dende logo, non me deixou indiferente. Xa digo que vos preparedes para esta cousa, por así chamala:

Feijóo, desatado

Miércoles, Marzo 24th, 2010

Feijóo desátase cando ten que dar discursos diante de militantes. Velaquí a mostra, en Boqueixón, onde manda calar, di que quedou para ir tomar unha copa e se compromete para máis adiante a ir de festa ata as 6 da mañá. Pasa do galego ao castelán, e di que se identifica coa xente que está alí, mentre os mozos que o gravan se parten o cu (mesmo piden que fale inglés). Vía Galicia Confidencial

Feijóo disfrazado

Martes, Marzo 2nd, 2010

Unha imaxe de Feijóo disfrazado o Xoves de Comadres en Verín, para que se vexa que lle gusta a marcha ;)

Visto en Brétemas e publicado por El País.

Os desprezos de Rosa Díez aos galegos

Jueves, Febrero 25th, 2010

Por segunda vez, e seguro que non é a última, Rosa Díez arremete contra os galegos. A voceira de UPyD cualificou a José Luis Rodríguez Zapatero como “galego no sentido máis pexorativo da palabra”, durante unha entrevista con Iñaki Gabilondo en CNN+.

Un cualificativo que Rosa Díez fixo extensivo ao líder da oposición Mariano Rajoy, e que no seu día tamén colocou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O líder dos populares galegos, Feijóo, lamenta as declaracións de Díez: “Lamento profundamente que haxa un político en España que non se decate de que determinadas manifestacións son unha falta de respecto para a comunidade e para uns españois que somos galegos e a moita honra… E seguirémolo sendo e estando orgullosos”.

Zapatero tamén respondeu ás lamentables palabras da ex militante socialista: “Obviamente non son galego, pero teño grande aprecio polos galegos. E se tivese nacido en Galicia, sentiríame moi orgulloso de selo. É unha terra á que teño grande aprecio e á que admiro”.

Súmase á protesta a Real Academia Galega, en boca de Xosé Luis Méndez Ferrín, que achaca a unha “mentalidade arcaica” o desprezo ao galego.

Desde Galicia Profunda queremos sumarnos ás mostras de repulsa ante palabras como as de Rosa Díez.

A fusión das Caixas e o decreto do galego segundo Retranca

Martes, Febrero 23rd, 2010

A revista galega Retranca dedica á súa portada dos meses de frebreiro e marzo á fusión das Caixas galegas, ao máis puro estilo Songoku.  Mais a publicación non é allea a situación política arredor do galego, así que en portada dobre, podemos ver a Feijóo ao modo anglosaxón a voltas co decreto do galego.

Cear con Feijoo: 1.300€. Coarse na cola de embarque: non ten prezo

Martes, Enero 5th, 2010

A través de Vieiros entérome de que dende Novas Xeracións poxaron a través do portal eBay unha cea con Alberto Núñez Feijóo en Monte Pío, nin máis nin menos. Ao final a poxa acadou os 1.300 euros, que para os tempos nos que estamos está máis ca ben.

O obxectivo, todo hai que dicilo, era moi loable, xa que se trataba dunha “poxa solidaria” na que os cartos van destinados a “axudar aos Reis Magos a entregar xoguetes aos nenos e nenas máis necesitados”. Doutra banda, tamén houbo obxectos de máis políticos do PP, entre os que destaca unha gravata e un porta-puros de Rajoy que quedaron en 275 euracos.

Axudar aos máis necesitados está ben. O que non o está tanto é aproveitarse de que un é coñecido para non ter que agardar na cola de embarque dun avión con rumbo a Madrid. Como recolle Galicia Confidencial facéndose eco dunha persoa que foi nese voo e que relata a súa experiencia no seu blog, Mil ojos desde el Xiabre. Sinala que Feijóo e seus acompañantes “se aproximaron al mostrador y pasaron sin haber respetado la cola de pasajer@s, eso sí,  sin aspavientos y con una sonrisa ¡porque ellos se lo merecen!”.

E cando chegaron a Madrid, por megafonía avisaron aos pasaxeiros de que deixaron o pasillo libre para a saída do presidente galego. Total, que “si el Sr Feijóo y su cuadrilla no se sintieran merecedores del trato de favor dispensado, nunca habrían consentido tan avasallamiento del populacho, pero ya se sabe que cuando uno es autoridad se cree con más derechos“.

Feijoo pode ler a mente das vacas galegas

Viernes, Junio 19th, 2009

Esta grande exclusiva vén da man do prestixioso medio El Mundo Today. Segundo recolle este xornal na rede, “al parecer, Feijóo se habría pasado los últimos meses recorriendo diversas localidades rurales para recoger y traducir las quejas de los animales, a las que el presidente Zapatero ha respondido con evasivas“.

O presidente da Xunta de Galicia, afirmou tamén que “es injusto marginarlas por el mero hecho de tener tres estómagos”. Tal é o poder de Alberto Núñez Feijóo, que nunha ocasión, visitando unha granxa de Lugo, se achegou á vaca 103 e lle puxo a man “en la frente y empezó a hacer ‘mmm, ahá, mmm’, como cuando uno va al médico. Nos dijo que la vaca 103 necesitaba estar al aire libre y pastar en la montaña”.

No medio tamén se preguntan se a capacidade de Feijóo de ler a mente das vacas é herdada no cargo de Presidente da Xunta. Posiblemente Touriño e Fraga tamén o puideran facer, pero teríano calado. Por último, indícase que “parece que el presidente se ha acostumbrado a “consultar” cualquier decisión que toma con los rumiantes, lo que está empezando a levantar suspicacias dentro y fuera de su partido”.

Como non podía ser menos, a noticia é de coña, en canto que toda as que aparecen recollidas en El Mundo Today son inventadas, pero non deixa de ter a súa coña. E como pedía Colazo en Chuza!, deixamos aquí a fotocomposición artística do momento :D

Buenafuente vs Feijóo

Miércoles, Junio 3rd, 2009

Interesante entrevista de Buenafuente a Alberto Núñez Feijóo. Entre outras cousas, o presidente da Xunta sinala que Pepe Blanco era compañeiro seu de facultade, pero que non ía moito pola clase seguramente “porque era máis listo ca min”. Iso si, polo visto deixábanlle os apuntamentos e non sempre os devolvía. A partir do minuto 6.44 tamén fala dos Audis :D (a saída de Buenafuente é xenial).

Habilidades lingüísticas dos nosos políticos

Lunes, Abril 27th, 2009

Se aínda non votaches nos premios Antilingua Galega e Galego de Pro 2009 presentámosvos un vídeo que vén moito ao caso.

Nel queda de manifesto a competencia lingüística de políticos como Ana Pastor, Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo ou Corina Porro: