Posts Tagged ‘fillas’

E despois din que non hai discriminación lingüística

Miércoles, Noviembre 18th, 2009

Hai veces que un se ten que morder a lingua e pensar dúas veces se escribir ou non e que escribir, porque hai noticias que che deixan mal o corpo. Para que despois digan que non hai discriminación lingüística. Que baixe Deus e o vexa. Pero isto eu teño claro que é por tanto grupo innombrable, tanto Intereconomía, UPyD, Cope e esRadio. Así vai o país e así van os xuíces.

Supoño que xa veriades esa gran noticia, a do xuíz que ameaza á nai con sacarlle a custodio das fillas por traelas a Vigo dende Madrid. E por que? Pois polo galego, porque aquí van ter un problemas da hostia cunha lingua de merda.

Palabras textuais, vaille retirar a custodia porque a “educación que van a recibir es en gallego y esta lengua no es útil”. E reitera o tema do galego: “no se aprecia que tenga ninguna otra utilidad práctica“. E todo isto que pode provocar? Pois que “se estaría corriendo un grave peligro en perjuicio de la formación y desarrollo integral de las menores”.

Sabedes que? Que xa teño o meu candidato favorito para os Premios Antilingua do ano que vén. Espero que gañe!