Posts Tagged ‘franco’

Os “ananos” cóntannos quen era Franco

Jueves, Abril 2nd, 2009

Quen era Franco? Un ditador, amigo de Hitler, que tiña bigote e dáballe patadas aos gatos e aos cans. Prohibiu o galego e metíache no cárcere por cantar o himno de Galicia.

Claro e conciso, así é como ven a Francisco Franco os máis novos, que non por novos son parvos. Se non, mira o que din del no programa da TVG “O país dos ananos”:

Cando tes parte do Pórtico da Gloria na túa casa

Martes, Julio 29th, 2008

Pois si amigos. Que vos parecería se vos dixera que teño uns restos da Muralla de Lugo na miña casa, parte da Torre de Hércules no xardín e unhas estatuas do Pórtico da Gloria no salón? Pois aínda que non é certo nada disto, quen si pode presumir de ter un cacho da catedral de Santiago na súa “chabola” é a familia Franco.

E o mellor de todo é que estarán á vista de todo o mundo ata o 7 de setembro no Quiosco Afonso da Coruña. E como é posible todo isto? Pois empezando porque un nobre compostelano vendeu en 1947 dúas esculturas do Pórtico da Gloria ao Concello de Santiago por 60.000 pesetas. En 1960 pasaron a mans de Franco como regalo. O ditador instalounas primeiro como parte da decoración do pazo de Meirás e máis tarde levounas á vivenda que a familia ten na Casa Cornide, segundo recolle La Opinión de A Coruña.

O que me pregunto eu é: como é posible que Grecia reclame aos museos ingleses cachos do Partenón de Atenas e nós teñamos parte tan importante do noso patrimonio cultura, como estas pezas que datan de 1188 e de 1211 esculpidas polo mestre Mateo, na casa dun particular? Espero que Patrimonio tome nota, porque por esa regra de tres, espero que algún día a min me regalen cruceiros que hai pola miña parroquia. E que non me chisten!

A fonte-cabeza de Franco

Lunes, Julio 14th, 2008

Para moitos é unha provocación. E para moitos é arte. E tendo en conta que o arte tamén é provocación, nós estamos de acordo co artista da peculiar fonte, o madrileño Fernando Sánchez Castillo, que decidiu levar ás rúas de Caldas de Reis unha peculiar fonte, xa que a auga brota dos beizos de Franco. Atreveríaste a beber?

Os do BNG xa pediron a súa inmediata retirada. Home, que quede aí para sempre non, pero se temos en conta que se trata dunha escultura que vai estar un tempo e que pretende xogar coa idea dos heroes nefastos, neste caso Franco, pois como que tampouco hai que darlle máis importancia.

Aquí ata Franco vai ser antifranquista

Martes, Abril 29th, 2008

Pois o dito, que todo o mundo rexeita o período franquista, pero á hora da verdade os que se mollan son ben poucos. Se a finais de marzo o Parlamento de Galicia acordaba instar a Xunta a que eliminase de todos os edificios públicos dependentes da súa administración a simboloxía franquista (co voto en contra do PP, iso si), agora chega aos nosos oídos a historia do alcalde de Beade.

A min plin, debeu Senén Pousa, o alcalde da localidade ourensá de Beade. Di que non vai retirar a simboloxía franquista do concello porque non sabe nada. Aquí debe ser que ninguén ve a televisión, le o xornal ou mira para o BOE (agás cando hai subvencións, claro está).

E que os malpensados non se lembren deas misas que ata hai ben pouco pedía todos os 20 de novembro á memoria de Franco. Que va, todo son casualidades. Debía de ser que non sabía en que investir os cartos e cadrou que vos era 20-N. Total, xa postos, que máis dá pagar ese ano que sete ou oito.