Fútbol neolítico
Lunes, Abril 12th, 2010Túmulos do Rebullón, en Mos (Pontevedra). Imaxe sacada por Lansbricae
Túmulos do Rebullón, en Mos (Pontevedra). Imaxe sacada por Lansbricae
Bueno, creo que non hai moito que dicir despois de ver este vídeo no que se ve ás claras quen son os de UPyD e cal é a súa idea das linguas que se falan en España. Pero non me estraña tendo en conta que detrás deste partido está Rosa Díez, quen no seu día chegou a asociar estudar en galego co fracaso escolar, cando Galicia, curiosamente, é unha das comunidades con menor fracaso de todo o Estado.
Dicirlle tamén aos de UPyD, que o Barça vén de proclamarse campión da Champions League cun equipo no que hai moitos cataláns, outros son de Castela-A Mancha (Iniesta é de Albacete), tamén os hai cameruneses, arxentinos, brasileiros… e entendéronse perfectamente, porque a lingua non é ningún obstáculo. Cando alguén se quere entender, faino perfectamente.
Eu, cando vou a Madrid, falo en castelán e cando vou a Londres intento defenderme en inglés. Pero cando estou na Coruña e falo con outro galego, falo na miña lingua porque non hai dificultades para enterdérmonos. Ou si? Porque aquí o conflito da lingua vén da política (algo se teñen que inventar para conseguir votos) e de ideas preconcebidas e demagóxicas coma esta. Para cando propostas reais sobre a economía?
As vacas son as protagonistas dunha particular “Liga de Estrelas”, pero non precisamente de fútbol senón de “deposicións”. Trátase dun sorteo no que gaña quen adiviñe que vaca, de entre 20 participantes, fará unha deposición e en que parcela, de entre 800, será.
Os organizadores veno como “metáfora do campionato de liga de primeira división española, pero representados por vacas identificadas coas súas correspondentes camisetas“.
A “liga” non a emitirá a TVG, se queres velo terás que ir o domingo 3 de maio ao Campo Municipal de Fútbol de “A Penafita” (Amoeiro, Ourense). A clasificación final establecerase a partir da rapidez con que realicen as súas deposiciones os animais, establecéndose premios para as 7 primeiras. Estes premios representan a seguinte clasificación: campión de liga, postos de Champions (2º, 3º e 4º clasificados) e postos de UEFA (5º, 6º e 7º clasificados).
O pasado ano xa se realizou o concurso por parte do equipo de fútbol local de segunda autonómica para recadar diñeiro para o equipo.
Nun encontro de fútbol Galiza vs España entre Feijóo, Quintana e Touriño, quen defendería as cores galegas? A resposta no último vídeo de Galicreques, pero un avance, Touriño queda no banco:
Isto si que amosa a condición máis profunda e ruín da xente. De seguro que vos lembrades da famosa liorta entre Jesús Gil e Caneda hai anos. Pois velaquí a secuencia completa, con insultos de todo tipo e actitudes chulescas para dar e tomar. Aí, dando exemplo ao mundo. Se é que, ao fin e ao cabo, non había de onde sacar.
Aínda que non é a primeira vez que unha falsa alarma pon en xaque ós efectivos de Salvamento Marítimo en Galicia, o que pasou o martes no concello de Marín ten a súa coña. E é que un grupo de afeccionados do Real Madrid fixo que Salvamento despregase o seu protocolo de actuación ante un hipotético accidente marítimo ó celebrar cada un dos goles que o Real Madrid lle meteu ó Barcelona cunha bengala.
Iso, coa mala sorte de que unha delas foi avistada por un conductor que se dirixía a Pontevedra, que inmediatamente deu a voz de alarma ó 112, pensando que algunha embarcación debía de atoparse en apuros na ría pontevedresa.
A alerta propiciou o despregamento de dous efectivos de Salvamento, que enviou ata a zona ó helicóptero Pesca I, con base en Vigo, e a unha embarcación para comprobar se algún barco se atopaba en perigo. (more…)
En Galicia hai xente para todo, e senón lede o caso deste cura futbolero e xulgade vós mesmos amigos. Évos a historia dun mozo seminarista que aproveita a súa faceta de árbitro de fútbol para “ensinar valores” a pé de campo. Aí vai o conto!!!
O noso protagonista é Manuel Fernández, que combina o seminario co campo de fútbol. E aínda que non volo pareza, ao terreo de xogo entra vestido de curto, pero sempre persignándose tras tocar o céspede coa man. Vamos, como os bos profesionais.
Ademais, iso de ser cura tamén o demostra este mozo compostelán de 27 anos durante os encontros, nos que adoita rezar durante á máis mínima. “Cando a pelota escapa lonxe, entre que a rescatan e volven sacar de portería pasa un bo intre e dá tempo para todo”, segundo explicou a unha xornalista de AGN. (more…)