Posts Tagged ‘galego’

Adeus a A Nosa Terra escrito

Martes, Agosto 31st, 2010

Outra mala noticia para os medios escritos en galego. Hoxe vin que A Nosa Terra non volverá a pisar os quioscos galegos. Dende este blog do BNG publícase o seguinte:

“A partir deste xoves, 2 de setembro, o semanario “A Nosa Terra” deixará de distribuirse nos quioscos galegos. Con iso, pérdese a cabeceira histórica do nacionalismo galego”.

Correrá a mesma sorte a publicación electrónica?

Galegando

Miércoles, Junio 2nd, 2010

Simpático e curradísimo vídeo dos mozos e profesorado do IES Pintor Colmeiro de Silleda. Realmente un gran traballo, si señor, orixinal e reivindicando, como non, a nosa lingua. Un aplauso para todos eles dende este blog.

Premios Antilingua Galega e Galego de Pro 2010

Jueves, Mayo 13th, 2010

Quen merece, segundo a vosa opinión, o Premio Antilingua Galega e quen o Galego de Pro 2010 polo seu traballo en contra e a prol, respectivamente, da lingua galega?

Quen merece o Premio Antilingua Galega 2010?

View Results

Cargando ... Cargando ...

Quen merece o premio Galego de Pro 2010?

View Results

Cargando ... Cargando ...

Telefónica déixanos sen atención na nosa lingua

Miércoles, Abril 7th, 2010

Como sabedes, Telefónica tiña parte do seu servizo de atención ao cliente en Galicia. Así, cando un chamaba ao 1004 tiña a posibilidade de que o atenderan en galego, porque precisamente había galegos traballando para atender aos clientes desta compañía.

Agora ben, unha vez que Telefónica rematou o contrato coa empresa que lle proporcionaba este servizo, Sykes, despedindo a 388 traballadores indefinidos e a outros preto de 200 que estaban por obra. Por ben, iso provocou que haxa unhas 500 persoas máis que están no paro ou van ir en breve, pero tamén que agora aos galegos non se nos atenda na nosa lingua cada vez que chamamos a esta compañía.

E se non mo credes, facede a proba. Probade a chamar ao 1004 con calquera excusa: preguntar por un servizo ou pola factura e pedide atención en galego. De seguro que xorden unha destas alternativas:

1. Alguén que non é galego (como moi preto de Ponferrada) que ten un papel diante en galego que vai intentar ler e que despois, de cada 10 palabras, vos solta unha en galego.

2. Ou que directamente vos saia alguén de Sudamérica, que o único que vai saber de Galicia é que debe estar nalgún punto de Europa.

Triste, moi triste.

Es grande, moi grande Luis

Lunes, Febrero 15th, 2010

Non me coñeces de nada, pero son un espectador teu que desfruta de cada actuación túa. Onte vin como gañabas o teu terceiro Goya polo teu personaxe de Malamadre en “Celda 211″. Pero xa antes te vira facendo papelezaos en “Te doy mis ojos” ou en “Os luns ao sol”. E antes aínda, vinte en “La flaqueza del bolchevique”, en “O lapis do carpinteiro” ou coma o xuíz de Portozas en “Mareas Vivas”.

Es grande, moi grande Luis. Pero onte demostráchesmo unha vez máis ao falares en galego no teu discurso, diante de millóns de espectadores. Grazas por non te avergoñares de ser quen es. Grazas por usares o galego. Grazas por deixares fóra iso que algúns chaman complexos, pero que outros vemos como oportunidades e vantaxes. E grazas por facelo diante de Feijóo e do conselleiro de Cultura.

Latri.ca, o twitter galego

Martes, Febrero 9th, 2010

Acabo de descubrir a través de La Voz de Galicia unha nova rede social integramente galega, por e para participar en galego. Trátase dunha aplicación moi similar ao “twitter” chamada Latri.ca, que permite incorporar mensaxes de ata 200 caracteres, máis que o propio Twitter.

Esta nova plataforma galega de microblogging desenvolveuna a galega Sinxelo, baixo licenza Creative Commons. De momento conta con 321 usuarios e conta cunha serie de grupos, como acontece con outras redes sociais ao uso.

Pois aí deixámosvos outra rede social, a latricar.

20 mentiras sobre a lingua galega

Sábado, Febrero 6th, 2010

Presentación de Prolingua do libro “55 mentiras sobre a lingua galega“, publicado por Laiovento. Velaquí 20 delas:

Reflexión

Sábado, Enero 23rd, 2010

Que pensan do novo decreto todos eses pais que lles tiñan que traducir aos fillos os apuntamentos ao castelán porque en galego non os entendían? As matemáticas en inglés entraranlles ben?

Farruco, coa bandeira nacionalista

Viernes, Enero 22nd, 2010

Non sabemos se é nacionalista ou non, pero o caso é que Farruco se deixou fotografar ao lado dunha bandeira nacionalista por uns rapaces que acudiron onte á manifestación contra o novo decreto do galego que houbo en Santiago de Compostela. A imaxe é de mustekito

Actualización: segundo comenta un dos seus protagonistas (véxase o primeiro comentario do post), fixeron dúas fotos. Na primeira non saíu a bandeira e Farruco dixo “Mecaghoná! Poñédeme a bandeira ata a barba se fai falta!”. Doutra banda, “nas dúas fotos en vez de dicir PATACA dixo: ‘¡GALIZA CEIVE!’”.

Quen é quen na defensa da lingua

Lunes, Enero 11th, 2010

Nestes días que tanto se está a falar do novo borrador do decreto do galego no ensino, páreceme interesante falar dunha reportaxe publicada en Galiciaé sobre as plataformas xurdidas en defensa da lingua.

Desde o cambio de goberno autonómico, presentouse a entidade Galego Sempre Máis, e Galiza co Galego comezou a traballar. Outros nomes que tratan de defender os intereses galegos en materio lingüística son Queremos Galego e Galego Patrimonio da Humanidade. En setembro, comezou a súa actividade Cambia Galicia e pouco despois Prolingua.

Son moitos nomes e todos teñen un obxectivo común, pero como todo, isto é máis difícil do que parece. Mentres uns apostan pola despolitización do feito lingüístico, outros ven nesta pluralidade un dato positivo.

Folga

O vindeiro 21 de xaneiro a plataforma Queremos Galego convoca unha folga na comunidade educativa, que se estende a toda a sociedade galega. Para informar sobre esta xornada de paro, a entidade emprega a imaxe dos debuxos animados “Os Bolechas“.