Posts Tagged ‘Galicia’

Os incendios

Viernes, Agosto 20th, 2010

A fin de semana pasada xusto estiven polo Barbanza e me coincidiu ver o incendio que tivo lugar en Boiro. Era impresionante ver como a pesar de que había tantos hidroavións traballando na zona, tantos bombeiros e tantos helicópteros, coa forza do vento intentar apagar o lume era imposible. Espero que esta vaga de incendios que se están a producir nesta quincena paren dunha vez e que collan aos culpables e os meten á sombra unha boa tempada.

As cifras da economía galega

Miércoles, Febrero 24th, 2010

Estes son os datos económicos que lles deberan preocupar aos políticos:

Grupos simpáticos galegos no Facebook

Miércoles, Febrero 17th, 2010

Hoxe queremos recompilar unha serie de grupos galegos que se poden atopar no Facebook e que son do máis simpático (os que queirades engadir, serán ben recibidos, of course):

Pódenselle poñer cancelas ao campo?

Jueves, Enero 14th, 2010

Pois a verdade é que si vistos varios exemplos. É que en Galicia nos vai o imposible.

Foto de txorima

foto de xornalcerto

foto de xornalcerto

Panorama, a mellor orquestra galega no 2009

Jueves, Enero 7th, 2010

Hai cousa de varios meses lanzamos no noso blog unha enquisa para preguntarvos cal era, segundo o voso criterio, a mellor das orquestras que amenizaban as verbanas galegas. E como neste blog temos esa vocación de servizo público ao tempo que un ego bastante grande, a pesar dos poucos votos que recibimos, decidimos que Panorama queda, deste xeito, nomeada como a mellor oficialmente (ou o que sexa) como a mellor orquestra de Galicia no 2009.

E se non é oficialmente, cando menos entre nós, que somos poucos, hai confianza e nos levamos ben.

As votacións quedaron na seguinte orde:

  1. Panorama: 39% dos votos
  2. Olympus: 22% dos votos
  3. París de Noia: 13% dos votos

Vamos, que foi algo incontestable. Iso si, os da París de Noia que se vaian poñendo as pilas que xa nin sequera son competencia da Panorama, senón a terceira opción.  A segunda que máis pega, visto o visto, é a Olympus de Negreira que se sabe vender con tanto récord Guinnes e demais.

Que non decaia a festa!

Loles León non comunga coa cultura galega

Miércoles, Noviembre 25th, 2009

Desafortunados resultaron os comentarios da actriz, agora metida a presentadora, Loles León no programa de Telecinco “Tú sí que vales”.

Tras a actuación do grupo de rapazas “Tarambainas”, Loles León dictou o seu veredicto tras asistir a unha pésima imitación das pandereteiras por parte de Ángel Llácer, que con todo deu o seu voto favorable.

Para a actriz, o grupo de mozas pareceulle máis axeitado para romerías e festas. O enfado do público galego non se fixo esperar e ata hai un grupo no FacebookBoicot a Loles León por ser irrespectuosa coa nosa cultura“, que pide a súa cabeza. Xa son 932 membros.

As marabillas de Galicia

Jueves, Octubre 22nd, 2009

Graciñas a Bob por este power point. Non está en galego, pero o importante son as imaxes ;)

Como se fixo a montaxe do fenómeno “Ovni galego”

Viernes, Octubre 16th, 2009

A semana pasada destapouse o caso do “ovni galego” como unha montaxe ideada por DDB e Pendelton para rendir homenaxe a Orson Welles e a súa emisión radiofónica ‘La Guerra de los Mundos’ de 1938.

Aquí tedes como se xestaron os vídeos desta campaña viral, na que nada quedou libre a imaxinación, ensaios incluídos.

Galicia Calidade: hórreos “customizados”

Miércoles, Octubre 14th, 2009

Invitamosvos a unha pequena viaxe pola imaxinación dos galegos, o seu paticular modo de adaptar o noso aos “novos tempos”. O certo é que son moitas as barbaridades que podemos atopar nas vilas de toda Galicia, así que hoxe os ofrecemos un primeiro capítulo dedicado aos hórreos.

Aquí tedes outro modelo, tamén moi seguidor das novas tendencias en construccións autóctonas.

Granjero busca esposa conta cun galego

Jueves, Octubre 8th, 2009

Se o ano pasado no programa tiñamos a unha galega de Sanxenxo que atopou o amor neste programa de Cuatro, desta vez temos un gandeiro lucense, en concreto de Taboada. Chámase Santiago Cadahía, ten 23 anos e di que é moi romántico, que quere parella formal e que as rapaces de hoxe en día só queren relacións rápidas, de pasar o tempo. E aí onde o vedes, éche todo un partido, xa que arranxa a súa propia maquinaria agrícola, ten unha explotación gandeira con 120 vacas, porcos para comer na casa, 20 coellos e demais bichos domésticos. Déixovos aquí o vídeo no que escolle as 5 primeiras candidatas e tamén o da súa presentación (a partir do minuto 3:20).

E aquí é onde escolle a 5 das 10 candidatas das que coñeceu: