Posts Tagged ‘humor’

O carné por puntos en Galicia

Miércoles, Mayo 5th, 2010

É que aquí sómosche así :D

A fusión das Caixas e o decreto do galego segundo Retranca

Martes, Febrero 23rd, 2010

A revista galega Retranca dedica á súa portada dos meses de frebreiro e marzo á fusión das Caixas galegas, ao máis puro estilo Songoku.  Mais a publicación non é allea a situación política arredor do galego, así que en portada dobre, podemos ver a Feijóo ao modo anglosaxón a voltas co decreto do galego.

Es do Clube da pandemia?

Lunes, Julio 6th, 2009

A revista Retranca botálle un pouco de humor ao tema da gripe A. Por certo que o último en contaxiarse foi o amigo rubio de Harry Potter, actor británico Rupert Grint.

Xa que nun primeiro momento deron en chamar gripe porcina aquí tedes a portada de Retranca de este mes, ilustrada por Kiko da Silva. “Afíliate ao Clube da Pandemia, por fuciños, por moqueiras…”

O humor de Intereconomía

Jueves, Marzo 5th, 2009

Deixámosvos cunha mostra do humor da canle de televisión Intereconomía, cuxa liña ideolóxica é por todos coñecida. A través do seu programa diario “Los Clones” presentan, como din eles, a actualidade “máis divertida” con vídeos como estes:

The Quintana Boat:

Pepiño’s World:

Hai que colle-lo millo!

Lunes, Noviembre 10th, 2008

En moitas localidades galegas aínda continúa moi en voga a tradición de prantar millo para dárllelo aos animais, sobre todo porcos e galiñas. Entre finais de outubro e comezos de novembro, dependendo do lugar e do tipo de millo, é cando se comeza a recollero millo.

Pois ben, mirade o que atopei nun bar o domingo pegado na porta. O que me gusta é o da retranca aos clientes de que “pasará o autobús polas paradas oficiais” :D

Made in Galicia

Viernes, Septiembre 12th, 2008

Porque somos como somos. Xente honrada e traballadora, e sobre todo con moita retranca. Aí están o Rei Zentolo e todos eses grandes exemplos que xogan co mellor da nosa esencia:

Empanada de ameixa

Sábado, Agosto 9th, 2008

O laureado filme “X” ambientado nas sensuais e paradisiacas localizacións da Boca do Rí­o e protagonizado por Miki Navalla e Fati Bivalva. Toda unha superprodución :D

As mellores viñetas de Gogue

Jueves, Junio 5th, 2008

Un dos mellores humoristas gráficos de Galicia é o debuxante Gogue, que traballa para o Faro de Vigo. Neste documento recollemos algunhas das súas viñetas máis simpáticas. Para escachar coa risa cos seus personaxes máis típicos.