20 mentiras sobre a lingua galega
Sábado, Febrero 6th, 2010Presentación de Prolingua do libro “55 mentiras sobre a lingua galega“, publicado por Laiovento. Velaquí 20 delas:
Presentación de Prolingua do libro “55 mentiras sobre a lingua galega“, publicado por Laiovento. Velaquí 20 delas:
Visto en Chuza!
Leo un tanto sorprendido que o pasado 9 de xullo Feijóo fixo un discurso no que se conmemoraban os 25 anos do Consello da Cultura Galega que “foi obxecto de controversia en varios lugares e moi probabelmente será lembrado no futuro como un dos momentos máis irresponsábeis do seu mandato”. En Galicia Hoxe tamén sinalan que creou “gran malestar” entre os asistentes. Neste xornal reprodúcese o discurso íntegro, do que saco este parágrafo:
Pois eu xa estou un pouco ata os miolos (por non dicir outra cousa) de toda esa xente que non fai máis que repetir que a xente decidiu nas eleccións do pasado 1 de maio deixar a un lado a imposición lingüística. Imposición de que? Estou farto de escoitar e ler xente comentando que non queren que os seus fillos aprendan galego. Estou canso de que en nome da liberdade se deixe o galego a un lado. Póñome do fígado cada vez que vexo eses medios estatais que titulan a toda páxina que en Galicia se impón o galego, que os traballadores cualificados se teñen que ir ou non poden vir ao país por culpa do idioma, que os estudantes teñen que ir a outras comunidades e que os nenos teñen graves problemas escolares por non poder falar en castelán. E, sobre todo, sorpréndeme que se diga con ese sangue frío que a resistencia cívica da lingua é prexudicial. Pois machiño, se algúns non protestan e outros non a usamos e criticamos o que pasa, moitos dos que votaron por ti en maio estarían encantados co futuro que lle espera ao galego: que o estuden os lingüistas como hoxe se estuda o latín.
Non sei se o víchedes algunha vez, pero Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega presentado polo lingüista, escritor e membro da Real Academia Galega Xesús Ferro Ruibal. Emítese xusto antes de Cifras e Letras e trata precisamente diso, da lingua.
O caso é que cheguei a este vídeo que case me fixo chorar. É unha emigrante retornada que explica que de súpeto se deu conta da importancia da lingua: “Se algo aprendín polo mundo é que só triunfan os que teñen confianza en si mesmos: os acomplexados nunca saen da miseria. Ata hoxe falaba o galego con quen mo falaba. Hoxe decidín tomar eu a iniciativa de falalo”.
Xa me diredes se a vós tamén vos emocionou.
Este vídeo, acaba de supoñerlles unha denuncia aos de AMI por parte de Galicia Bilingüe por “incitar a cometer atentados contra membros do seu colectivo”. Que pensades vós sobre este vídeo? Nós realmente pensamos que cousas deste tipo non se deberían de permitir. Que pretenden conseguir realmente os de AMI con cousas deste estilo? En fin, que demostran o que son, uns radicais.

Resulta que agora hai que potenciar o castelán onde prima o galego. Supoñemos que se tratará de dúas ou tres aldeas dos Ancares ou de Chandrexa de Queixa, porque a este ritmo non sabemos quen vai acabar falando o galego.
Évos coma aquel conto que sempre me quedará na cabeza de Quico Cadaval, que contaba a chegada dun rapaz á aldea acompañado dos seus pais para visitar a familia. O rapaz, moi atento el, non paraba de mitar para a xente da aldea. Medio ás agachadas tirou da camisa do pai, sinalou para aqueles seres estraños e díxolles: “Papá, hablan como Son Goku”. Pois si, de seguir así o tema ao final van quedar os DVDs de Bóla de Dragón (e non todos, por certo) para dar fe de que existía un idioma “enjebre” antano.