Incrible, pero certo. Alomenos segundo os datos do Anuario Económico do 2008 de la Caixa. Polo visto, en Galicia había o ano pasado 34 concellos sen unha soa liña de banda ancha. Non é de estrañar despois que saian noticias na prensa sinalando que Galicia está á cola de España en canto a penetración de banda ancha.
Aínda que o que dá vergoña allea é ver declaracións como a de Francisco Ros, secretario de Estado das Telecomunicacións, que non ten rubor ningún á hora de dicir que España é o país con maior cobertura de acceso a Internet do mundo. Segundo el, o Plan de Extensión de Banda Ancha (PEBA) chega neste momento ao 98% da poboación e para final de ano está previsto que chegue al 99%.
Pois unha de tres: ou nesas localidades a ninguén lle interesa internet de banda ancha (debe ser mellor ter a conexión telefónica de 56 kbps), ou minte o informe de la Caixa ou o señor Ros, e realmente iso do 99% será en Madrid, porque en Galicia está visto que non.
O que sorprende é que moitas destas localidades sen unha soa liña de banda ancha teñen máis de 3.000 habitantes, polo que demanda de seguro que no falta. O que de seguro non hai son infraestruturas.
Doutra banda, hai outras cinco localidades cunha soa conexión de banda ancha (O Bolo, Calvos de Randín, Lobeira, Sobrado, As Somozas e Taboadela) e outras catro con só dúas liñas (Monfero, Mazaricos, San Amaro).
Localidades galegas que non contaban con ningunha liña de banda ancha:
- Na Coruña: Frades, Mesía, Santiso, Toques.
- En Ourense: Os Blancos, Castrelo do Val, Entrimo, O Irixo, Laza, Manzaneda, A Mezquita, Muíños, As Nogais, Porqueira, Rairiz de Veiga, Ramirás, Toén, A Veiga, Vilardevós, Xunqueira de Espadanedo.
- En Lugo: Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, Friol, Guntín, O Incio, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos, Trabada.
- En Pontevedra: Agolada, Dozón, Pazos de Borbén, Rodeiro.
Vistos todos estes concellos, que teñen de semellante? Pois curiosamente que teñen pouca poboación, que son do rural e sobre todo que están concentrados na provincia de Ourense e de Lugo. Pois espero que Francisco Ros tome boa nota destes nomes e poida “presumir” pero con razón.