Posts Tagged ‘PPdeG’

A arma secreta do PP nestas eleccións

Jueves, Junio 4th, 2009

Este domingo son as eleccións europeas. Hai moito que decidir e por iso, o PPdeG sacou á rúa a súa arma secreta: un señor cun par de bandeiras. Vós ride, si, pero aí está. Xa nas anteriores eleccións, nas galegas, estivo durante case dúas semanas, incansable, mañá e tarde nos Cantóns da Coruña. E agora volve de novo: que vas pasear pola mañá, pois aí está; que pasas ás 8 da tarde, pois aí segue.

Xa vos digo que é incansable e que polo menos espero que non lle cobren a cota do carné do PPdeG porque este señor ten o seu mérito. Ademais, sempre está coas dúas bandeiras de plástico en alto, a de Galicia e a do PPdeG co nome de Feijoo. De cando en vez tamén leva unha gorra do PP. Non di nada. Non reparte publicidade. Non solta consignas. Só se limita a estar unhas 8 horas ao día brazo en alto coas súas bandeiras. E a mensaxe calla. Mirade senón o que pasou nas anteriores eleccións galegas, que o PP gañou, por pouco, pero gañou, sobre todo polo voto decisivo da provincia da Coruña. E nestas vai pasar o mesmo. Senón, tempo ao tempo. E o mérito será todo del. E como vai sentar un precedente, nas próximas eleccións atoparémonos con ducias, que digo ducias, con centos de homes coas súas bandeiras brazo en alto para que votemos ao seu respectivo partido.

Déixovos unha foto que lle saquei de estrangis co meu móbil, por iso non ten moi boa calidade.

Os excesos do PP

Martes, Marzo 10th, 2009

Bueno, pois parece que os power points se reproducen como esporas. Hainos por todos os lados e non deixan a ninguén ben.

Que pode máis?

Jueves, Marzo 5th, 2009

Que conste que eu son unha persoa crítica coa labor do bipartito nestes anos, sobre todo no que se refire ás formas: dous compartimentos estancos tratando de demostrar o que facía cada partido, e que para unha parte da sociedade significaba dúas Xuntas.

Pero tamén creo que se fixeron moitas cousas ben que non se souberon comunicar (e outras tamén se fixeron mal, por suposto), pero creo que ao final o que quedou en moita xente á hora de votar foi o que percibiu dunha prensa totalmente manipulada.

Así que me pregunto, que puido máis?

(more…)

De verdade vas quedar este domingo na casa?

Viernes, Febrero 27th, 2009

Acabo de velo en Chuza!, así que o copio aquí por se estades indecisos ;)

Os políticos, dando exemplo

Miércoles, Diciembre 24th, 2008

Os políticos son os que teñen que dar imaxe de boas formas, os que teñen que buscar o acordo, convertir o diálogo e o debate en ideas, intentar respectar aos que non opinan igual… E todo iso que se di sempre. Pero cando chega o momento, o que máis e o que menos “quéntase” a máis non poder e adeus ás boas formas e ao colegueo. Por moito que se goberne en coalición. Mirade senón este acolorado debate no Correo TV no que participan os deputados do Parlamento galego Susana López Abella (PPdeG), José Manuel Lage (PSdeG-PSOE) e Carlos Aymerich (BNG).

A ver se nestas datas, se lles enfrían as ideas e cun par de copas acaban todos abrazando e cantando a rianxeira :D

Estamos xa en precampaña

Sábado, Noviembre 1st, 2008

Sorprendido quedei estes días cando atopei un valo publicitario no que se podía ler: “Grazas por nada e adeus ao bipartito”.

Valado publicitario

Agora, acabo de ver outro que reza: “Bipartito. Crise. Paro. Despilfarro”.

O certo é que non ten o logotipo de quen o paga, pero non hai que ser moi listos para saber que detrás está o PPdeG. Comeza así, de xeito visible nas rúas, a precampaña. E aínda que no Parlamento e nos medios de comunicación todos os días para a oposición sexa unha oportunidade para tirar abaixo ao goberno, agora é cando teñen que comezar a espabilar.

Por certo, que iso de “Grazas por nada e adeus ao bipartito” saiu de Feijoo. Buscando por aí, atopei que o dixo nunha comparecencia na cámara galega, onde intentou desacreditar a labor do bipartito. No xornal mesmo comparan a frase con aquela famosa de Aznar de “Váyase señor González”.

Rematando xa por hoxe, digo que iso de criticar está moi ben, sobre todo cando está próximo o día para ir votar. Pero eu boto de menos un pouco máis de ideas, de propostas, de unidade e de ganas por facer de Galicia un sitio mellor. E dígoo tanto polo PPdeG como por outros que están ou estiveron na oposición. A min esta clase de campañas lémbrame demasiado á que fixo o PP a nivel nacional contra o PSOE dicindo que eran amigos da ETA, que España se rompía e que a economía española ía caer en picado. Ao final seguen na opisición…