As cifras da economía galega
Miércoles, Febrero 24th, 2010Estes son os datos económicos que lles deberan preocupar aos políticos:
Estes son os datos económicos que lles deberan preocupar aos políticos:
Non sei a vós que vos parece, pero a min paréceme vergoñento o que están a facer moitas empresas nestes tempos de crise. Veredes, na Coruña hai moitas empresas de telemárqueting que atenden e dan sorporte aos clientes de moitas empresas que prestan os seus servizos por toda España. Máis ben atendían, porque se están desmantelando todas as plataformas que hai na cidade: Teleperformance, Atento, Eurocén e, agora, Sykes.
Esta empresa, Sykes, xestionaba parte das chamadas do 1004 de Telefónica. En total uns 180 empregados da Coruña e de Lugo que agora poden quedar sen traballo porque Telefónica non vai seguir mantendo o servizo en España.
Adiviñades para onde o leva: pois para Perú. Xa tiña plataformas en Chile e na Arxentina e, a pouca xente que quedaba dando servizo en España, pois agora pode ir para o paro.
Como pode, unha empresa que gaña de xaneiro a setembro de 2009 máis de 5.600 millóns de euros botar a rúa deste xeito á xente que atende o seu servizo de información telefónica? Por que, se eu lle pago a unha empresa española, dándolle o meus cartos, ese diñeiro non pode ser reinvestido aquí de novo? Por que gañando tanto queren aforrar custos levando o servizo para Sudamérica, onde é máis barato pagar un soldo? Acaso a Telefónica lle gustaría que non lle pagásemos o servizo e nos fósemos para outra empresa máis barata?
Pois sabedes que vos digo, que cando estea na casa dos meus pais, que teñen Telefónica, hei de solicitar a atención en galego. E se me atende alguén en castelán, síntoo moito, pero eu pago por un servizo que non estou a recibir. Xa me gustaría que os meus cartos contribuísen a xerar emprego nestes tempos de crise, pero as grandes multinacionais só buscan a pasta. Teño que dicir que eu teño R, que ten o servizo aquí, entre outras cousas porque a atención por defecto é en galego. Espero que os galegos que teñen os seus servizos con Vodafone, Telefónica, Jazztel, Orange, Fenosa… demanden a atención na lingua galega, porque saberán así que detrás hai alguén da terra que ten un posto de traballo grazas a ese xesto. E que a súa compañía non levou o servizo a un lugar con máis precariedade só para aforrar uns poucos millóns.
Só espero que estas cousas, co tempo, lle acaben pasando factura a Telefónica. A primeira empresa española, está ben que axude deste xeito á nosa economía, está. Vergoñento!