Posts Tagged ‘telefónica’

R galega ou holandesa?

Jueves, Abril 8th, 2010

O caso é que con isto da fusión entre Caixa Galicia e Caixanova, apareceu un actor que non se esperaba: a teleco R. Hai rumores e máis rumores sobre se se vai vender, sobre se ten unha ou máis mozas que lle andan a facer as beiras, sobre se Caixanova se vai desfacer do 50% das accións que ten a compañía, sobre que Telefónica tamén anda detrás, como o lobo detrás da Carrapuchiña, que se hai un grupo de holandeses cunha oferta en firme enriba da mesa…

En fin, que as cousas se verán co tempo, pero cando menos estase a ver que ten moito apoio detrás, pois mesmo se creou un grupo de apoio á galeguidade de R: “NON a venda de “R” aos holandeses. R-Cable sempre Galega!!” que xa conta con máis de 1.600 seguidores e a cousa segue subindo.

Por certo, para os interesados, dicirvos que R ten un blog, www.quecheparece.com, unha páxina para seareiros no facebook e tamén un grupo nesta rede social.

Telefónica déixanos sen atención na nosa lingua

Miércoles, Abril 7th, 2010

Como sabedes, Telefónica tiña parte do seu servizo de atención ao cliente en Galicia. Así, cando un chamaba ao 1004 tiña a posibilidade de que o atenderan en galego, porque precisamente había galegos traballando para atender aos clientes desta compañía.

Agora ben, unha vez que Telefónica rematou o contrato coa empresa que lle proporcionaba este servizo, Sykes, despedindo a 388 traballadores indefinidos e a outros preto de 200 que estaban por obra. Por ben, iso provocou que haxa unhas 500 persoas máis que están no paro ou van ir en breve, pero tamén que agora aos galegos non se nos atenda na nosa lingua cada vez que chamamos a esta compañía.

E se non mo credes, facede a proba. Probade a chamar ao 1004 con calquera excusa: preguntar por un servizo ou pola factura e pedide atención en galego. De seguro que xorden unha destas alternativas:

1. Alguén que non é galego (como moi preto de Ponferrada) que ten un papel diante en galego que vai intentar ler e que despois, de cada 10 palabras, vos solta unha en galego.

2. Ou que directamente vos saia alguén de Sudamérica, que o único que vai saber de Galicia é que debe estar nalgún punto de Europa.

Triste, moi triste.

Pago os servizos aquí, pero non me atenden aquí

Sábado, Enero 23rd, 2010

Imaxe das instalacións de Sykes. De La Opinión de A Coruña

Non sei a vós que vos parece, pero a min paréceme vergoñento o que están a facer moitas empresas nestes tempos de crise. Veredes, na Coruña hai moitas empresas de telemárqueting que atenden e dan sorporte aos clientes de moitas empresas que prestan os seus servizos por toda España. Máis ben atendían, porque se están desmantelando todas as plataformas que hai na cidade: Teleperformance, Atento, Eurocén e, agora, Sykes.

Esta empresa, Sykes, xestionaba parte das chamadas do 1004 de Telefónica. En total uns 180 empregados da Coruña e de Lugo que agora poden quedar sen traballo porque Telefónica non vai seguir mantendo o servizo en España.

Adiviñades para onde o leva: pois para Perú. Xa tiña plataformas en Chile e na Arxentina e, a pouca xente que quedaba dando servizo en España, pois agora pode ir para o paro.

Como pode, unha empresa que gaña de xaneiro a setembro de 2009 máis de 5.600 millóns de euros botar a rúa deste xeito á xente que atende o seu servizo de información telefónica? Por que, se eu lle pago a unha empresa española, dándolle o meus cartos, ese diñeiro non pode ser reinvestido aquí de novo? Por que gañando tanto queren aforrar custos levando o servizo para Sudamérica, onde é máis barato pagar un soldo? Acaso a Telefónica lle gustaría que non lle pagásemos o servizo e nos fósemos para outra empresa máis barata?

Pois sabedes que vos digo, que cando estea na casa dos meus pais, que teñen Telefónica, hei de solicitar a atención en galego. E se me atende alguén en castelán, síntoo moito, pero eu pago por un servizo que non estou a recibir. Xa me gustaría que os meus cartos contribuísen a xerar emprego nestes tempos de crise, pero as grandes multinacionais só buscan a pasta. Teño que dicir que eu teño R, que ten o servizo aquí, entre outras cousas porque a atención por defecto é en galego. Espero que os galegos que teñen os seus servizos con Vodafone, Telefónica, Jazztel, Orange, Fenosa… demanden a atención na lingua galega, porque saberán así que detrás hai alguén da terra que ten un posto de traballo grazas a ese xesto. E que a súa compañía non levou o servizo a un lugar con máis precariedade só para aforrar uns poucos millóns.

Só espero que estas cousas, co tempo, lle acaben pasando factura a Telefónica. A primeira empresa española, está ben que axude deste xeito á nosa economía, está. Vergoñento!

A dobre moral de Telefónica

Viernes, Marzo 20th, 2009

Supoño que todo o mundo se enterou de que Telefónica ofrecerá descontos de ata o 50% na liña de fixo e de móbil do clientes que se quedaran no paro. Como máximo 20 euros ao mes durante este 2009. Supoño que todo o mundo se enterou porque saíu en todos os xornais, medios electrónicos e mesmos nos informativos de televisión a nivel estatal.

Trátase dunha acción que todo o mundo loubou, porque se adapta aos tempos que corren. Iso si, o que eu me pregunto é como unha empresa tan grande como Telefónica quere socorrer deste xeito aos parados e despois provoca que despidan a 450 persoas deslocalizando un call center na Coruña?

A min é que me parece todo unha estratexia de márketing, para quedar ben cos clientes que ten e para fidelizar o resto (intentando que non se vaian a outras compañías máis baratas ou que se dean de baixa). E digo eu, por que unha compañía como Telefónica, que no 2008 gañou 7.592 millóns de euros limpos, con máis de 191 millóns de clientes, que está presente en máis de 19 países, non pode manter 450 persoas en España para atender aos seus clientes de Movistar en España?

Non estou a dicir que non haxa que crear emprego en Sudamérica (que é onde se adoitan levar os call centers), pero o que si que digo é que hai para todos. En España, Movistar conta con máis de 21 millóns de clientes. E Telefónica, en Lationamérica, ten case 100. Acaso non lle chegan eses 7.592 millóns de euros de beneficio que ten que aforrar custos despedindo a empresas subcontratadas para contratalas en países con peores condicións? Iso é responsabilidade corporativa?

Pois parece que non lle chegan, porque o 19 de abril deste ano, Atento Eurocen, empresa que realiza labores de recepción e captación de chamadas para Movistar vai botar á rúa a 450 traballadores.

Eu pola miña parte, seguirei contratándolle os servizos a R, que igual non é tan boa como Telefónica descontándolle cartos aos parados, pero polo menos ten todos os seus centros de atención ao cliente aquí. E a min gústame tamén que os meus cartos revirtan en beneficio de onde vivo.

Telefónica e os pensionistas galegos

Viernes, Mayo 9th, 2008

Xa sabemos que os pensionistas galegos son os que menos cobran de todo o Estado. O caso é que este ano as pensións mínimas subiron por riba do IPC e aínda que puidera supoñer unha boa noticia, resulta que non. O caso é que hai milleiros de pensionistas galegos que se benefician do Abono Social de Telefónica van quedar sen el. Este abono permitíalles aos nosos maiores con menos recursos veren reducido o 30% da alta dunha liña e un 95% da cota mensual.

(more…)