Posts Tagged ‘Touriño’

Os excesos do PP

Martes, Marzo 10th, 2009

Bueno, pois parece que os power points se reproducen como esporas. Hainos por todos os lados e non deixan a ninguén ben.

Feijóo gobernará con maioría absoluta os próximos catro anos

Lunes, Marzo 2nd, 2009

A estas alturas da película xa todos coñeceredes o resultado do 1-M, pero imos recapitular o acontecido onte. O Partido Popular alzouse coa maioría absoluta (39 escanos) en Galicia, o que significa que Alberto Núñez Feijóo gobernará ata polo menos o ano 2013.

A alta participación levantou aos populares á vitoria por encima do PSOE e BNG, que se reparten respectivamente 24 e 12 escanos. O PSOE perdeu nestes comicios 73.024 votos, mentres que o BNG queda sen 44.706 votos. Pola súa banda, as papeletas en branco ou nulas sumaron 42.242.

Os artífices do fin da era Fraga terán agora que traballar na oposición, con todo quen xa non estará á fronte dos socialistas galegos será Emilio Pérez Touriño que esta mesma mañá presentaba a súa dimisión. Como recoñeceu en rolda de prensa a partir de agora será “un militante de a pé”. Pola súa banda, o líder dos nacionalistas Anxo Quintana ofrecerá esta tarde unha valoración pública dos resultados electorais, aínda que non se esperan sorpresas.

Agora é tempo para a reflexión e o optimismo tamén. E para mostra esta imaxe que atopamos no blog “Madeira de Uz”: “Sobreivim a era Fraga. 4 anos nom som nada”. Pois iso, ábrese unha nova lexislatura.

A quen se vos parecen os candidatos á Xunta?

Martes, Febrero 24th, 2009

Non sei se sabedes que hai unha web que se chama myheritage.es que permite ver a que famosos te pareces. O caso e que o probei cos candidatos á Xunta e estes foron os resultados.

Feijóo, polo visto, parécese ao xogador Bobby Charlton e tamén ao actor Max Von Sydow.

Touriño, polo visto, seméllase a Donald Rumsfeld e a Charlton Heston.

E para Quin, escollín esta foto na que está horrible (non sei a quen ten de asesores) e que, segundo unha amiga miña, se parece ao Koala e a Fernando Arrabal.

Xa sei que en moitas destas fotos non se parecen nin de lonxe. E a vós, a quen vos teñen un aire?

Galiza vs España, o partido dos Galicreques

Martes, Febrero 17th, 2009

Nun encontro de fútbol Galiza vs España entre Feijóo, Quintana e Touriño, quen defendería as cores galegas? A resposta no último vídeo de Galicreques, pero un avance, Touriño queda no banco:

Touriño e o seu “coche fantastiquiño”

Martes, Febrero 10th, 2009

Despois da polémica que xurdiu co coche de Touriño valorado en 500.000 euros, ata Pablo Motos se decide a facer bromas co tema. Moi simpática a montaxe :D

Amigo, velaquí os Galicreques

Lunes, Febrero 9th, 2009

Velaquí unha simpática aventura dos Galicreques. Os nosos amigos Quintana, Feijóo e Touriño están na Galescola e teñen que intentar situar Galicia no mapa :D

Os candidatos á Xunta de Galicia no Facebook

Jueves, Febrero 5th, 2009

Gústenos ou non estamos en período preelectoral, así que toca falar dos candidatos á Xunta de Galicia. Hoxe botámoslle unha ollada a Facebook para ver que presenza teñen na rede social Touriño, Feijóo e Quintana e a verdade é que ten chicha.

Nesta rede social podemos atopar ao usuario Emilio Pérez Touriño, non sabemos se é o auténtico, pero ten 1.521 amigos. Anxo Quintana tamén ten perfil en Facebook con 1.176 amigos, mentres que o usuario Alberto Núñez Feijóo ten 1.559.

Máis aló das cifras, números son, os tres candidatos teñen moito éxito a través dos grupos.

Touriño

O coche oficial de Touriño é un dos temas que máis adhesións tivo: “Per què ningú non parla dels 480.000 euros do cotxe de Touriño (PSOE)? (225 membros), “Campaña para buscarle un nombre rimbombante al coche de Touriño” - Carrodebois 1 ou O xurelo asasino, propón o seu autor -. Outro colectivo, “Eu tamén quero un coche (500000?) e un despacho (2Mill?) como os de Touriño” (81 membros), vai máis aló e colga este vídeo:

Feijóo

Con moitos afiliados en Facebook está Feijóo “Eu tamén voto a Alberto Núñez Feijóo” (419 membros), “1000 razones para hacer a Feijóo presidente” ou “Non queremos que Nuñez Feijoo governe” (256 membros).

Quintana

O candidato do BNG ten apoios “Anxo Quintana Presidente da Galiza” (251 usuarios), “Eu quero que Quintana estea no debate” (290 membros), pero tamén detractores “Eu non son amiga de Anxo Quintana” (30 membros).

Moito cambio, pero a mesma porcallada de sempre

Jueves, Julio 17th, 2008

Hai uns días, Estronzo escribía un posto neste blog titulado “¿Onde está o cambio que nos venderon?“. Pois ben, algún de vós preguntaba se realmente Vicepresidencia non está a cumprir os seus compromisos e se os vellos non teñen dereito a comer de balde como nós podemos ir a un concerto subvencionado. Tamén se nos facía referencia a que a Lei da Depencia tiña unha grande aplicación na Comunidade.

Pois ben, andaba eu a darlle voltas ao tema, porque ás veces está moi ben esa realidade que se nos vende. Seguro que a xente maior, a través do NODO tamén descubría día a día o marabillosa que era a España franquista e que o noso gran ditador cada día que pasaba conseguía aumentar a gloria da patria inaugurando un pantano máis.

Andaba eu nestas, xa vos digo, pensando por que para moitos estaba mal que Fraga fixera comechonas e tivera a Piñeiro na TVG pero, pola contra, está tan ben que o faga Quintana. E nisto caín que un é de dereitas e outro é de esquerdas, así que de seguro que o Quin o fai con boas. Como tamén de seguro que o seu antigo secretario xeral, Antón Losada, despedía coa mellor intención á súa empregada do fogar despois de oito ano sen seguro tras unha pedirlle unha mellora salarial. Tiña que ser con boa intención, porque o que non é lóxico é que a bote cando pide o recoñecemento da muller traballadora e do traballo no fogar. Por non falar xa do encontronazo que tivo coa Policía en San Caetano ou a peloteira que colleu coa TVG pola manipulación informativa que, ao seu xuízo, facía a canle cos actos de Vicepresidencia. De seguro que cando se foi de Vicepresidencia nada disto tivo que ver.

Porque na Xunta non hai propaganda política nin autobombo. Todo está ben feito. Estes sonche bos. Se o sabemos todos os que os votamos. Estes non chaman ás redaccións dos medios de comunicación preguntando que se vai publicar sobre tal rolda de prensa ou sobre tal comunicado. Non, eses eran os de Fraga. E estes, en caso de facelo, de seguro que teñen motivos para facelo. Pero bos motivos, aínda que os xefes de prensa ameacen con retirar publicidade institucional deste ou daquel medio. Claro, é que xornalista malo haiche moito polo mundo adiante e aínda que se hinchen as cifras sobre a Lei da Dependencia ou, de repente, a promesa sobre a eliminación da figura do alcalde-promotor non se faga, pois sonvos parvadas. Aquí sobre todo somos de esquerdas. Somos boa xente.

Neste senso é curioso o artigo de investigación que publicou no seu último número a revista Tempos Novos. Fraga sostivo durante 16 anos a compravenda informativa con 50.000 millóns de pesetas. Certo, todos sabíamos da manipulación dos medios de comunicación galegos. Pero agora iso non sucede, ou si? Ui, pois resulta que sen convocatoria pública andiveron repartindo máis de 52 millóns de euros en contratos publiciarios e convenios. Eu douche e ti calas a boca ou pasas polo aro. Así de sinxelo.

Deste xeito, “en tres anos de vida non foron quen de aprobar a prometida lei de publicidade institucional, nin moito menos un tamén prometido modelo alternativo para as políticas de comunicación, que haberían de establecer un novo e rupturista sistema de relacións cos medios privados. A obriga de levar eses convenios a rexistro público só se cumpre moi parcialmente. Son moitos os que permanecen ocultos, burlando desa maneira o dereito da cidadanía a coñecelos. Explícase así que o presidente Pérez Touriño non quixera recibir até agora á xunta de goberno do Colexio de Xornalistas, que se ten manifestado moi crítica coa situación”.

Pero xa vos digo que debo ser eu que penso de máis. Porque entre que vaia Fraga comer cos vellos e Quintana, non hai comparación, Quin tenvos máis garbo e o outro xa chocheaba. E entre que os das boinas manipularan e o fagan estes, o caso é que mellor estamos cun goberno de esquerdas, non? Para que ser críticos.