Posts Tagged ‘vivamos como galegos’

A copia, da copia, da copia do anuncio de Gadis

Lunes, Febrero 1st, 2010

Contextualicemos o post, o anuncio de Gadis, “Vivamos como galegos” é un dos máis coñecidos aquí, na terra patria:

O caso é que, curiosamente, hai outro moi semellante, arxentino el, que ata remata con discurso enriba do cabalo e todo:

Pois o caso é que axencia BAP Conde, que é a creadora do anuncio de Gadis, decidiu estirar ata o infinito e máis alá a idea e non só continuar nesa liña as novas campañas de Gadis, senón tamén usala para outros anuncios que fixo, como da cervexa Amstel:

Por certo, no facebook xa hai varios grupos sobre o tema, como por exemplo “El nuevo anuncio de Amstel es 1copia del anuncio d Gadis“, que xa ten máis de 300 membros.

Pero a cousa non acaba aí, xa que unha axencia copiou iso de “Vivamos como galegos” e fixo un anuncio para a cervexa Cruzcampo baixo o lema “Hecha de Andalucía”. Xulgade vós mesmos se hai plaxio, do plaxio do plaxio.

Vivamos como galegos en Facebook

Lunes, Diciembre 1st, 2008

Seica o galego está de moda no Facebook. Cal foi a miña sorpresa ao recibir como agasallo “virtual” dun amigo filloas de sangue. Unha usuaria desta rede social creou a aplicación “Vivamos como galegos” que permite enviar aos teus amigos agasallos como: licor café, futbolín, polbo a feira, cocido, etc.

Pero non é a única páxina en Facebook deste tipo, coa aplicación “Made in Galiza” podes obsequiar aos teus contactos con: centolo, toxos, Rosalía, percebes, albariño, etc.

Os galegos tamén se fixeron forte nesta rede a través de comunidades. “Galegos en Xenebra”, por exemplo, onde podes atopar frases tan certas como estas:

O galego non esta en problemas,ten movidas; O galego non esta cansao,esta maiado; O galego non traballa a tempo parcial, ta currando; O galego non lle causan problemas,fodenlle a vida; O galego non se enamora,esta enconao; O galego non bebe moito,colle un cajallon; O galego non fai algo mal,cajouna; O galego non se nega,non o fai nin farto de viño.

Non son os únicos, hai moitas máis comunidades de galegos nas redes sociais máis usadas.