Posts Tagged ‘Xunta de Galicia’

Funcionaria xaponesa vs funcionaria da Xunta de Galicia

Miércoles, Diciembre 16th, 2009

Así traballa unha funcionaria xaponesa:

E así unha galega:

Buenafuente vs Feijóo

Miércoles, Junio 3rd, 2009

Interesante entrevista de Buenafuente a Alberto Núñez Feijóo. Entre outras cousas, o presidente da Xunta sinala que Pepe Blanco era compañeiro seu de facultade, pero que non ía moito pola clase seguramente “porque era máis listo ca min”. Iso si, polo visto deixábanlle os apuntamentos e non sempre os devolvía. A partir do minuto 6.44 tamén fala dos Audis :D (a saída de Buenafuente é xenial).

Lendas urbanas relacionadas coa Xunta de Galicia

Martes, Abril 21st, 2009

Hoxe gustaríame falar desas lendas urbanas que van correndo de boca en boca, que non se sabe moi ben de onde saíron, pero que callaron fortemente no subconsciente popular.

Pero quero falar daquelas que teñen que ver coa Xunta de Galicia, si, si, con ese organismo ao que todos miramos cada catro anos, cando hai cambio de Goberno e do que esperamos grandes logros.

O caso é que eu non sei se vos sabedes de moitas lendas populares centradas na Xunta, pero eu si que me sei dúas que hai non maneira de sacarllas da cabeza á xente (cando menos á da miña zona). Velaquí van (e xa me diredes vós se hai algunha outra por aí):

  1. A Xunta de Galicia ceiba animais no monte. Precisamente eu que vivo a carón dun monte, cando de súpeto se ve un animal novo ou hai moita poboación de determinados bichos, xa saltan os veciños dicindo que “foi a Xunta quen os soltou”. Así, preto da miña aldea a Administración autonómica soltou: perdices, xabaríns, culebras, esquíos, mouchos e curuxas. Vamos, que primeiro Fraga, despois Touriño e agora Feijóo teñen un zoolóxico de coidado. Ademais, non é a primeira vez que vexo a televisión ou leo un xornal onde os veciños dun determinado sitio, cando os xabaríns destragan o millo, din que a Xunta os soltou. Vamos, que non é só da miña zona, senón que é unha verdade incontestable da que non sabemos a orixe.
  2. A Xunta de Galicia dáche cartos se lle pos ao teu fillo o nome en galego. Sei de máis de algunha que lle puxo un nome ao seu fillo por querer sacarlle uns cuartos á administración e que quedou escaldada cando viu que aquilo non existía. Pregúntome cantos Xaquíns, Maruxas, Brais e Xacobes haberá por aí adiante, fillos de pais castelán falantes, que escolleron precisamente un nome en galego para os seus fillos pola pasta. Buscando pola internet, vexo que hai foros onde preguntan polo tema. Alguén mesmo aseguro que “eran unos nombres concretos que se estaban perdiendo los que tenían la bonificación” e outra comenta que “hoy a mi trabajo llegó un chico que me dijo que él lo habia solicitado”. Máis casos: “una conocida mía me dijo que si que lo había cobrado, pero me decía que no se acordaba ni cuanto, ni donde lo había solicitado”. Tamén atopei unha páxina onde preguntan se é certo que dan 500 euros por este tema e unha persoa sinala que “es cierto, te dan dinero, pero creo que son 400 euros. Un nombre gallego es uno asi por el estilo de anxo, uxia, catuxa, xurxo…nombres así”.

Vós o quixéstedes: o chimpín será o vehículo oficial de Feijóo

Miércoles, Marzo 25th, 2009

En Galicia Profunda estamos para respectar as decisións dos nosos lectores. Na enquisa que tiñamos colgada estes días preguntabámosche cal considerabas que debía ser a mellor feijoneta para o futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O 34% dos que votaron tiñan claro que o coche oficial da Xunta tiña que ser un chimpín. Así que como o que votades vai á misa, aquí tendes a Feijóo co seu flamante chimpín (e quen lle chama chimpín tamén lle chama maquinillo, matraquillo ou motocultor).

Os candidatos á Xunta de Galicia no Facebook

Jueves, Febrero 5th, 2009

Gústenos ou non estamos en período preelectoral, así que toca falar dos candidatos á Xunta de Galicia. Hoxe botámoslle unha ollada a Facebook para ver que presenza teñen na rede social Touriño, Feijóo e Quintana e a verdade é que ten chicha.

Nesta rede social podemos atopar ao usuario Emilio Pérez Touriño, non sabemos se é o auténtico, pero ten 1.521 amigos. Anxo Quintana tamén ten perfil en Facebook con 1.176 amigos, mentres que o usuario Alberto Núñez Feijóo ten 1.559.

Máis aló das cifras, números son, os tres candidatos teñen moito éxito a través dos grupos.

Touriño

O coche oficial de Touriño é un dos temas que máis adhesións tivo: “Per què ningú non parla dels 480.000 euros do cotxe de Touriño (PSOE)? (225 membros), “Campaña para buscarle un nombre rimbombante al coche de Touriño” - Carrodebois 1 ou O xurelo asasino, propón o seu autor -. Outro colectivo, “Eu tamén quero un coche (500000?) e un despacho (2Mill?) como os de Touriño” (81 membros), vai máis aló e colga este vídeo:

Feijóo

Con moitos afiliados en Facebook está Feijóo “Eu tamén voto a Alberto Núñez Feijóo” (419 membros), “1000 razones para hacer a Feijóo presidente” ou “Non queremos que Nuñez Feijoo governe” (256 membros).

Quintana

O candidato do BNG ten apoios “Anxo Quintana Presidente da Galiza” (251 usuarios), “Eu quero que Quintana estea no debate” (290 membros), pero tamén detractores “Eu non son amiga de Anxo Quintana” (30 membros).

Dancing Quin

Viernes, Enero 30th, 2009

Falando de Quintana, velaquí un gran vídeo. Xa o di a señora do principio: “Anda Quintana por aquí adiante, verdá? Que bonito!”

Os furanchos: ¿legalización ou peche?

Miércoles, Octubre 15th, 2008

Foto: Diario de Pontevedra

Os furanchos, esas adegas tradicionais moitas veces situadas en casas particulares, que se dedican a vender viño novo acompañado dalgunha outra bianda, corren perigo de extinción.

A Xunta de Galicia decidiu comezar recentemente un proceso de legalización dos furanchos ou loureiros. Pretende que estos locais poidan soamente abrir as súas portas tres meses ao ano - dende o 1 de decembro ao 30 xuño -, isto é, o tempo necesario para que os furancheiros vendan o viño excedente elaborado das súas plantacións.

Os furancheiros xa mostraron o seu malestar ante a noticia. Din que en decembro aínda non saben se haberá excedente ou non de viño e que o novo reglamento obrigará a moitos a botar o peche.

Especie en perigo de extinción, os furanchos son xa parte da estampa turística galega. Letreiros do máis currado (Foto: Diario de Pontevedra) salpican as estradas galegas, especialmente na costa de Pontevedra. Segundo a Federación Provincial de Hostelería existen uns 1.200 negocios.

Así que moitos xa podemos olvidarnos de parar polo camiño e entrar nun furancho a tomar unha taza de viño ou unha tortilla.